A Xunta publica a nova convocatoria de axudas para consolidar e seguir estendendo a Rede Galega de atención temperá

Imagen del artículo A Xunta publica a nova convocatoria de axudas para consolidar e seguir estendendo a Rede Galega de atención temperá

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Póñense a disposición dos concellos 15,8 millóns de euros para consolidar as unidades que xa están en funcionamento e crear 12 novas

Santiago de Compostela, 9 de xullo de 2024

O Diario Oficial de Galicia (DOG) de hoxe convoca as axudas para consolidar e seguir estendendo por toda a comunidade a Rede galega de atención temperá, un servizo público gratuíto para as familias que é fundamental para dar resposta o antes posible ás necesidades de nenos de 0 a 6 anos con problemas de desenvolvemento ou risco de padecelos. Esta orde abarca o que resta deste ano e todo 2025 e 2026, e conta cun orzamento de 15,8 millóns de euros que está cofinanciado pola Unión Europea no marco do programa FSE+Galicia 2021-2027.

Este investimento supón un incremento do 34% dos fondos destinados a esta finalidade con respecto á anterior convocatoria e permitirá aumentar o número de profesionais das unidades que atenden a unha maior poboación. A través desta liña de achegas, dirixida a concellos e agrupacións de concellos, darase continuidade ás unidades de atención temperá xa en funcionamento e poderanse crear ata doce novas. Coa posta en marcha destes novos servizos agárdase prestar servizo a 5.000 nenos e ás súas familias en toda Galicia.

Os concellos e agrupacións de concellos interesadas en optar a estas axudas teñen, a partir de mañá, un mes de prazo para presentar as súas solicitudes. Deberán facelo por medios electrónicos a través do formulario dispoñible na sede electrónica da Administración autonómica.

Crecemento da rede

Nos últimos anos, o Executivo autonómico deu un forte impulso á atención temperá. Desde 2009 ata o día de hoxe, Galicia pasou de ter só dúas unidades a 45 na actualidade e de cubrir unicamente 15 concellos a chegar aos 200 nestes momentos.

Ademais destes servizos de titularidade municipal, dispóñense de recursos de atención temperá nos hospitais públicos e de tres unidades nas comarcas do Deza, Salnés e Bergantiños que son xestionadas pola Asociación Galega de Atención Temperá (AGAT).

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
313338 {"title":"A Xunta publica a nova convocatoria de axudas para consolidar e seguir estendendo a Rede Galega de atención temperá","published_date":"2024-07-09","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/99848-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"313338"} galicia C. de Política Social e Igualdade https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-09/313338-xunta-publica-nova-convocatoria-axudas-consolidar-e-seguir-estendendo-rede-galega-atencion-tempera https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.