Xosé Merelles salienta a capacidade do Silfest para impulsar turísticamente a comarca de Valdeorras
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, participa na presentación da oitava edición que conta co apoio da Xunta de Galicia e se celebrará do 18 ao 20 de xullo
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
O Barco de Valdeorras (Ourense), 8 de xullo de 2024
O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, participou hoxe na presentación da oitava edición do Festival Silfest Valdeorras que se celebrará do 18 ao 20 de xullo co apoio da Xunta de Galicia no Barco de Valdeorras. Como explicou, trátase dunha proposta que, nos seus sete anos se está a consolidar para impulsar turisticamente a comarca de Valdeorras.
"É un festival multicultural que nestes anos foi quen de mover preto de 11.000 persoas e difundir moitos dos elementos que fan única esta comarca como a natureza, o enoturismo e o Camiño de Santiago", expresou. Neste sentido, salientou tamén que se trata dunha proposta que encaixa co modelo turístico galego ao permitir, ademais, diversificar a oferta turítica no interior de Galicia.
Agradeceu á organización a súa aposta e animou a aproveitar esta celebración para coñecer a comarca. Desde o día 18 haberá música en directo, tanto popular como tradicional, mesturando con gastronomía que apostan pola promoción dos produtos, poñendo en valor as catas dos viños da Denominación de Orixe de Valdeorras e tamén se promoverá o patrimonio da man do Camiño de Inverno. Durante estes días haberá xogos tradicionais, actividades infantís e música a cargo, entre outros, de La Habitación Roja, Sober, Calavento, Catuxa Salom, entre outros moitos.