A Xunta impulsa o turismo de Ourense coa nova oficina de atención aos visitantes na Casa do Legoeiro e unha nova inxección económica para a provincia

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, e o delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, visitan as instalacións tras as obras de rehabilitación
  • Con máis de 200 metros cadrados en dous andares, dá resposta ao crecemento de visitantes á cidade, onde o turismo internacional está medrando un 29%
  • Tamén asinou un convenio co INORDE para diversificar a actividade na provincia coa turismo deportivo, dos itinerarios xacobeos, enoturismo e os congresos e negocios

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

Ourense, 8 de xullo de 2024

A Xunta de Galicia vén de reforzar a actividade turística de Ourense coa apertura da nova oficina de turismo da cidade e cunha nova inxección económica que permitirá diversificar e especializar a oferta da provincia. Por unha banda, o director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, e o delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, visitaron hoxe as instalacións da nova oficina de Turismo da Xunta na cidade tras rematar os traballos de rehabilitación do edificio que a acolle, a Casa do Legoeiro, na Ponte Romana, onde a Xunta investiu preto de 300.000 euros.

Como explicou, trátase dunha infraestrutura "estratéxica" -mudou a sede da rúa Concello á Ponte Romana, ao pé da Vía da Prata- que permitirá "dar un salto cualitativo para facilitar e mellorar a atención daqueles que visitan esta cidade, que cada vez son máis", salientou. Neste sentido, referiuse aos máis de 52.000 viaxeros que acolleron os hoteis e pensións da cidade nestes primeiros cinco meses do ano, o que supón un incremento do 3% con respecto ao ano pasado. "E a demanda turística, con máis de 95.000 noites é a mellor deste que temos rexistros"

Tamén fixo mención á crecente internacionalización da cidade xa que o turismo internacional medrou en Ourense un 29% e acadou os mellores niveis da historia con preto de 16.000 noites. Do mesmo xeito salientou a importancia dos peregrinos para a cidade de Ourense, que realizan a Vía da Prata e que este ano foron máis de 4.600 os que recolleron a Compostela tras realizar este itinerario, o que supón un incremento do 19% con respecto ao ano anterior.

A nova oficina de turismo xa está aberta ao público. A intervención da Casa do Legoeiro supuxo a remodelación dun inmoble histórico que ofrece un espazo de 200 metros. O edificio conta con dous andares, un mostrador de recepción ao público, despachos para a área termal e unha sala de exposicións, ademais dun xardín exterior, almacén e baño.  

Ademais de funcionar para a atención e información aos visitantes, tamén está previsto dinamizala con exposicións para poñer en valor recursos turísticos da provincia como o termalismo, entroido, gastronomía, artesanía, posta en valor de produtos amparados polo selo Galicia Calidade ou destinos como a Ribeira Sacra, entre outras.  

Diversificación na provincia

Tamén en Ourense, o director de Turismo de Galicia asinou un convenio de colaboración co presidente do Inorde, Rosendo Fernández, para reforzar as actividades de dinamización turística na provincia. Nun acto que contou coa presenza do presidente da Deputación, Luis Menor, Xosé Merelles puxo en valor "o forte compromiso" da Xunta co desenvolvemento turístico da provincia de Ourense e o seu papel para contribuír a diversificar a actividade turística de Galicia. "A provincia absorbe preto do 7% da demanda turística galega e queremos apostar por incrementar esta porcentaxe e atraer visitantes a unha provincia que ten tanto que amosar como esta", explicou.

De feito, como indicou, no que levamos de ano, os establecementos turísticos da provincia acolleron nos cinco primeiros meses do ano algo máis de 139.000 viaxeiros aloxados e preto de 257.000 noites en Ourense. Ademais, en Ourense o 90% da demanda concéntrase no segmento hoteleiro, cuxa demanda está a medrar un 3%.

O convenio, cun valor de 120.000 euros dos que Turismo de Galicia achega 96.000 euros, promoveranse diferentes liñas de acción centradas no turismo deportivo na provincia co apoio a distintas probas cicloturísticas, promoción dos itinerarios xacobeos que discorren polo territorio provincial, a promoción do enoturismo e dos mercados de proximidade, así como o deseño de soportes para actividades de turismo e promoción da provincia como destino para desenvolver o turismo de congresos e negocios.

Xosé Merelles recordou que este convenio dá continuidade á aposta que a Xunta de Galicia está a realizar na provincia e que se cuantifica nos máis de 25,5M€ para a sostibilidade turística a través de distintas accións e plans de sostibilidade en destino nalgúns concellos da provincia ao abeiro dos fondos europeos Next Generation, que se completan con máis de medio millón de euros este ano para o impulso ao turismo na provincia.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 08/07/2024
311361 {"title":"A Xunta impulsa o turismo de Ourense coa nova oficina de atención aos visitantes na Casa do Legoeiro e unha nova inxección económica para a provincia","published_date":"2024-07-08","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/102548-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"311361"} galicia Axencia de Turismo de Galicia https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-08/311361-xunta-impulsa-turismo-ourense-coa-nova-oficina-atencion-aos-visitantes-na-casa-do-legoeiro-e-unha-nova-inxeccion-economica-provincia https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.