Anxo M. Lorenzo convida a gozar da cultura folk no festival que se celebra na beira do Sar esta fin de semana

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • O director xeral de Cultura participa na presentación desta cita que contará cunha mostra fotográfica, un espazo gastronómico e a actuación de Carlos Núñez
  • A iniciativa está enmarcada na nova edición de 'CulturON', a campaña da Xunta que enche os meses de estío de cultura con máis de 30 propostas diarias
Imagen del artículo Anxo M. Lorenzo convida a gozar da cultura folk no festival que se celebra na beira do Sar esta fin de semana
Santiago de Compostela, 8 de xullo de 2024

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, fixo hoxe un chamamento para convidar a cidadanía a gozar da cultura folk. Fíxoo na presentación do festival que se celebra esta fin de semana na beira do río Sar cun amplo abano de actividades que inclúen unha mostra fotográfica, un espazo gastronómico e actuacións musicais, como a de Carlos Núñez, que terá lugar o domingo 14 na praza da Colexiata.

Neste senso, o representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude agradeceu o compromiso na difusión da música e o baile tradicional que se realiza a través do Festival Folk na beira do Sar que, coa colaboración da Xunta, "agroma multitude de propostas para promover e poñer en valor a nosa cultura e os proxectos nacidos na nosa Comunidade".

O director xeral de Cultura salientou tamén a consolidación desta cita, que se enmarca na campaña CulturON que a Xunta de Galicia ten en marcha este verán e que ofrece unha ampla oferta de plans culturais en máis de 200 concellos de Galicia. Trátase dunha iniciativa que celebra xa a súa segunda edición e que conta cunha media de máis de 30 actividades diarias e que inclúe desde propostas infantís, festivais, música, novo circo, teatro, exposicións ou danza.

O Festival Folk na Beira do Sar, que se celebrará os días 13 e 14 de xullo, conta cun amplo e diverso catálogo de propostas para todos os públicos, como a presentación de Celtic Sea, o novo disco de Carlos Núñez, que se celebrará o domingo 14, ás 20,30 horas, na praza da Colexiata, como peche da cita.

A programación comezará o sábado coa apertura dunha mostra fotográfica e un espazo gastronómico na Colexiata de Sar. As actividades da primeira xornada inclúen tamén a actuación do Trío Slimak, Kercuez e Alvariza, animación para a cativada e unha exhibición de música e baile tradicional coa participación da Agrupación Folclórica Colexiata de Sar e a formación Os Intrépidos de Ulla. Xa o domingo está previsto o concerto De foliada na ribeira do Sar a cargo da Banda Municipal de Música de Santiago de Compostela e a Agrupación folclórica Colexiata de Sar.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 08/07/2024
311358 {"title":"Anxo M. Lorenzo convida a gozar da cultura folk no festival que se celebra na beira do Sar esta fin de semana","published_date":"2024-07-08","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/99848-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"311358"} galicia C. de Cultura, Lingua e Xuventude https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-08/311358-anxo-m-lorenzo-convida-gozar-da-cultura-folk-festival-se-celebra-na-beira-do-sar-fin-semana https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.