A Xunta destaca o apoio ao cooperativismo e a economía social para a xeración dun emprego inclusivo, igualitario e solidario

Imagen del artículo A Xunta destaca o apoio ao cooperativismo e a economía social para a xeración dun emprego inclusivo, igualitario e solidario

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, interviu hoxe na xornada de presentación de resultados do programa +COOP, organizado pola Unión de Cooperativas EspazoCoop, coa colaboración da Rede Eusumo da Xunta.
  • Lembrou os apoios e liñas de actuación da Xunta para impulsar o cooperativimo e a economía social, un sector que o ano pasado facturou case 3.000 millóns de euros e que representa un 4,5% do PIB galego 

Santiago de Compostela, 8 de xullo de 2024

A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, interviu hoxe na clausura da xornada de presentación de resultados do programa +COOP de apoio ao emprendemento 2024, organizada pola Unión de Cooperativas EspazoCoop no marco das actividades da Rede Eusumo da Xunta.

Alí, subliñou os apoios e liñas de actuación do Goberno galego orientadas a impulsar o cooperativismo e a economía social, co obxectivo de que sigan sendo modelos de éxito de emprendemento en Galicia, un sector que o ano pasado facturou case 3.000 millóns de euros e que representa un 4,5% do PIB galego. Neste senso, mencionou os programas de apoio económico, de asesoramento e acompañamento, de formación e a realización de actividades divulgativas que desenvolve a Xunta a través da Rede Eusumo, que presta apoio directo á creación e consolidación de emprego con base na economía social asesorando a persoas e entidades interesadas en emprender neste ámbito.

A xornada tivo lugar no Rural-Lab La Moda de Silleda, sede do Polo de emprendemento e apoio ao emprego de Pontevedra Norte e Rías Baixas, un dos 14 centros activos- despois da recente incorporación de Sarria- da Rede de Polos de emprendemento impulsada pola Xunta no conxunto do territorio galego. Esta rede, que desde a súa posta en marcha acompañou xa máis de 2.000 proxectos empresariais en toda a Comunidade, ofrece diferentes propostas dirixidas tanto a persoas emprendedoras como ás interesadas en montar novas empresas.

Programa +COOP

A Unión de Cooperativas EspazoCoop vén desenvolvendo no período 2023-2024, en colaboración coa Rede Eusumo da Xunta de Galicia, o programa +COOP, co fin de prestar servizos de apoio á cidadanía para crear empresas cooperativas e acceder así ao emprego, mediante a fórmula do autoemprego colectivo. Durante a xornada fíxose balance do programa e celebrouse unha mesa na que compartiron experiencias algunhas das cooperativas participantes. +COOP desenvolveuse prestando orientación, información, asesoramento e acompañamento especializado a colectivos de persoas que quixeron emprender baixo o modelo cooperativo, para facer das súas ideas de negocio e actividades profesionais, proxectos cooperativos viables, económica e societariamente.

Diálogo social

A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración está a destinar para 2024 máis de 43,6 millóns de euros á economía social, un investimento que se articula en tres grandes eixos de actuación: a difusión da economía social, a creación e consolidación de iniciativas e a promoción do emprego inclusivo. No relativo ao cooperativismo, o orzamento destinado ás axudas este ano aumentou nun 6,7% con respecto a 2023.

Ademais, o  Goberno galego está reforzando o proceso de participación e escoita activa con todos os axentes implicados da economía social para o deseño da nova Lei de cooperativas. Tamén está en marcha a segunda Estratexia da economía social, co horizonte posto en 2027. Cun orzamento 174 millóns de euros, o seu obxectivo é xerar 4.000 empregos e posicionar este modelo nos sectores tecnolóxico, verde e industrial, fomentando ademais a innovación e unha maior presenza da mocidade e das mulleres neste ámbito.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
311302 {"title":"A Xunta destaca o apoio ao cooperativismo e a economía social para a xeración dun emprego inclusivo, igualitario e solidario","published_date":"2024-07-08","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/99848-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"311302"} galicia C. de Emprego, Comercio e Emigración https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-08/311302-xunta-destaca-apoio-ao-cooperativismo-e-economia-social-xeracion-dun-emprego-inclusivo-igualitario-e-solidario https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.