A Xunta destaca o sector da artesanía como motor para atraer talento e vertebrar o territorio

Imagen del artículo A Xunta destaca o sector da artesanía como motor para atraer talento e vertebrar o territorio

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • José González fixo fincapé no valor da marca Artesanía de Galicia como selo de identidade propia e garantía de calidade
  • Expuxo que a feira Corazón de Artesanía contribúe a poñer en valor o selo Artesanía de Galicia e a crear sinerxías e colaboracións con outras disciplinas como a gastronomía, a través dos showcookings e degustacións de Artesanía no Prato
  • Trátase dun grande escaparate do sector avalado por recoñecementos como o Premio Nacional de Artesanía 2023 na categoría para Entidades Públicas
  • O Goberno galego leva investidos máis de 25,13 millóns de euros para potenciar este sector a través de medidas como ordes de axudas para obradoiros artesanais, concellos e asociacións para impulsar a comercialización e a competitividade
  •  

Agolada (Pontevedra), 7 de xullo de 2024

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, puxo hoxe en valor en Agolada o sector da artesanía, ao que definiu como motor para atraer talento e vertebrar o territorio. Así o sinalou durante a súa visita á XI edición da feira Corazón da Artesanía, que se celebra ata hoxe, e onde estivo acompañado polo director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, e a xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro.

Alí tamén destacou a contribución deste sector á idiosincrasia galega e a difundir a tradición de oficios como xoiería, ourivería, olería, redeiras, carpintería, sombreiraría, instrumentos musicais e tapicería, entre outros, apoiándose na innovación. Nesta liña, fixo fincapé no valor da marca Artesanía de Galicia como selo de identidade propia e garantía de calidade.

En canto a Corazón da Artesanía, expuxo que esta cita é clave para o sector pois contribúe a poñer en valor o selo Artesanía de Galicia e a crear sinerxías e colaboracións con outras disciplinas como a gastronomía a través dos showcookings e degustacións que se desenvolven nesta feira dentro do programa Artesanía no Prato.

Trátase dun grande escaparate avalado por recoñecementos como o Premio Nacional de Artesanía 2023 na categoría para Entidades Públicas grazas ao seu papel para impulsar a competitividade do sector e achegar a todos os públicos os oficios artesanais tradicionais. Ademais, esta cita contribúe a impulsar o nacemento de novas vocacións artesanais, o asociacionismo e o cooperativismo.

A mostra conta cun total de 53 profesionais da artesanía, 36 como expositores, 14 como docentes nos cursos especializados e obradoiros abertos a todos os públicos, e diferentes artesáns que participan achegando soportes para Artesanía no Prato. Entre eles, algúns como o cesteiro Álvaro M. Leiro, a zoqueira Elena Ferro ou o obradoiro Seivane, os tres Premios Nacionais de Artesanía.

 

Apoio da Xunta de Galicia

O Goberno galego apoia ao sector artesanal con distintas medidas como os máis de 25,13 millóns de euros que leva investidos a través de vías como ordes de axudas para obradoiros artesanais, concellos e asociacións para impulsar a comercialización e a competitividade da artesanía galega, así como a estratexia integral para a promoción do sector, apostando pola innovación e a adaptación a novas tendencias.

A Xunta, a través da Fundación Artesanía de Galicia, tamén desenvolve o programa Aprender da tradición. Oficios e técnicas, que impulsou en novembro de 2023 e que terá continuidade. Grazas a el, máis dun cento de persoas levan participado ata o de agora nas distintas accións de formación continua para conservar e renovar técnicas e oficios tradicionais e para captar novos talentos que aseguren o futuro da artesanía galega.

Ademais, esta semana o Diario Oficial de Galicia publicou a convocatoria de 2024 dos Premios Artesanía de Galicia, cos que o Executivo galego busca recoñecer a mestría, a traxectoria e o talento no sector artesanal galego.

 

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
309032 {"title":"A Xunta destaca o sector da artesanía como motor para atraer talento e vertebrar o territorio","published_date":"2024-07-07","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/102577-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"309032"} galicia C. de Emprego, Comercio e Emigración https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-07/309032-xunta-destaca-sector-da-artesania-como-motor-atraer-talento-e-vertebrar-territorio https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.