A Xunta impulsa a atención aos pequenos e maiores de Vilamarín con melloras na escola infantil e o financiamento dun novo centro de día municipal

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Reformarase o patio exterior da escola e levaranse a cabo diversas actuacións no seu interior
  • Destinaranse 600.000 euros a financiar integramente a construción dun novo centro de día de 30 prazas que dependerá do concello

Vilamarín (Ourense), 7 de xullo de 2024

A Xunta de Galicia reforzará a atención aos nenos e ás persoas maiores de Vilamarín con melloras na escola infantil pública autonómica e co financiamento das obras de construción dun centro de día municipal. O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, visitou recentemente en compañía do alcalde, Amador Vázquez, a escola infantil e a parcela na que se edificará o novo servizo de atención diúrna.

 

O xerente do Consorcio explicou que, dentro do programa de melloras que durante todo o ano se leva a cabo nos centros deste ente autonómico, destinaranse 17.000 euros a diferentes obras na escola infantil. Estas consistirán, principalmente, na reforma do patio exterior, a substitución de estores e outras melloras interiores.

 

Perfecto Rodríguez sinalou que os traballos se levarán a cabo en agosto aproveitando o período de vacacións. O concello, que é o titular do inmoble, encargarase de executalos e financiaranse, na súa maioría, mediante o desconto das liquidacións que a Administración local ten que abonar este ano ao Consorcio por este servizo público.

 

Plan de investimentos

Por outra banda, o xerente do Consorcio visitou os terreos nos que se construirá un novo centro de día para persoas maiores, cuxas obras sufragará ao 100% o Goberno galego a través do Plan de investimentos para a construción, reforma ou ampliación de equipamentos sociais de titularidade municipal.

 

En concreto, a Xunta destinará 600.000 euros a este servizo de atención diúrna que terá capacidade para 30 prazas. O Concello responsabilizarase de licitación e contratación das obras, unha vez que se asine o convenio de colaboración entre ambas administracións, así como da xestión do centro.

 

A través do Plan de investimentos, a Xunta pon á disposición dos concellos 18,5 millóns de euros procedentes do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia (NextGenerationEU). Con este orzamento desenvolveranse unha vintena de proxectos, entre residencias, centros de día, vivendas comunitarias e centros sociocomunitarios, en cuxa selección tamén participou a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp).

 

Perfecto Rodríguez destacou o impulso histórico que se dá con este Plan aos servizos locais e de proximidade destinados ás persoas maiores. Ao respecto, indicou que suporá unha importante mellora dos equipamentos e que traerá consigo a creación de 500 novas prazas de atención residencial e outras 150 de atención diúrna.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
308970 {"title":"A Xunta impulsa a atención aos pequenos e maiores de Vilamarín con melloras na escola infantil e o financiamento dun novo centro de día municipal","published_date":"2024-07-07","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/102242-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"308970"} galicia C. de Política Social e Igualdade https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-07/308970-xunta-impulsa-atencion-aos-pequenos-e-maiores-vilamarin-melloras-na-escola-infantil-e-financiamento-dun-novo-centro-dia-municipal https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.