José González apela ao diálogo social e á unidade para avanzar no cooperativismo e na economía social co foco posto na dinamización do rural

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O titular de Emprego felicitou ás iniciativas premiadas no Certame Cooperativismo no Ensino e nos Premios á Cooperación 2024
  • Puxo en valor a importancia do proceso de escoita activa cos axentes da economía social para o deseño da nova Lei de cooperativas
  • Salientou que a Estratexia da economía social é unha planificación con horizonte 2027 con máis de 174 millóns de euros para seguir atraendo talento e mellorando a competitividade do tecido empresarial galego

Nigrán (Pontevedra), 6 de xullo de 2024

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, participou hoxe en Nigrán no acto en conmemoración do Día do Cooperativismo Galego 2024, no que se recoñeceron as iniciativas premiadas no Certame Cooperativismo no Ensino e nos Premios á Cooperación 2024. Alí o titular de Emprego felicitou aos premiados e defendeu a importancia do diálogo social e a unidade entre a Administración e os distintos axentes sociais e económicos para avanzar en ámbitos como o cooperativismo e a economía social co foco posto na dinamización do rural.

Nesta liña, puxo en valor a importancia do proceso de escoita activa cos axentes da economía social para o deseño da nova Lei de cooperativas co fin de adaptala aos novos tempos, cuestión na que o Goberno galego está reforzando o proceso de participación con todos os axentes implicados.

Salientou ademais que o diálogo sempre é un aliado e que serviu para elaborar a segunda Estratexia da economía social que se está a executar na actualidade coa aspiración de xerar 4.000 empregos e posicionar este modelo nos sectores tecnolóxico, verde e industrial.

Esta estratexia, explicou, é unha planificación con horizonte 2027 con máis de 174 millóns de euros presupostados para seguir atraendo talento a Galicia e seguir mellorando a competitividade do noso tecido empresarial, así como a economía dos coidados para o rural galego. Con ela, engadiu, a Xunta busca xerar emprego na economía social e emprego cada vez máis innovador e que a mocidade e as mulleres teñan maior presenza na economía social.

Ademais, o conselleiro subliñou que o Goberno galego acompaña esta estratexia cun reforzo no investimento neste ámbito co obxectivo de que o cooperativismo e a economía social sigan sendo modelos de emprendemento de éxito en Galicia. Tamén mencionou os programas de apoio económico, de asesoramento e acompañamento, de formación e a realización de actividades divulgativas que desenvolve a Xunta a través da Rede Eusumo.

 

Modelo de éxito

A maiores, José González destacou a importancia e modelo de éxito das cooperativas en Galicia, que resistiu nas últimas crises e na pandemia e que, ademais, continúa medrando cunhas 138 novas cooperativas a peche de 2023. Trátase dun sector que o ano pasado facturou case 3.000 millóns de euros, o que representa un 4,5% do PIB galego e lembrou que 21 cooperativas galegas están entre as 600 máis relevantes do Estado

Neste sentido, manifestou que este é o camiño a seguir co fin de favorecer a cohesión social e do territorio, coa mirada posta nas persoas e baseándose na xeración dun emprego inclusivo, igualitario e solidario.

Para iso, insistiu, é clave ir todos da man, agrupados e coordinados, para chegar ao entendemento e acadar as mellores solucións. Ademais, aproveitou a ocasión para dar as grazas ao Colexio Ángel de la Guarda e á Sociedade Cooperativa Galega La Mendoña, por abrir as súas portas para poder celebrar o Día do Cooperativismo en Nigrán. Tamén a todos os participantes no Certame Cooperativismo no Ensino e nos Premios á Cooperación 2024, así como aos arredor de 200 asistentes ao evento e ás persoas e entidades do Consello Galego de Cooperativas, polo seu importante labor para promover, apoiar e dar visibilidade ao cooperativismo en Galicia.

Día do Cooperativismo

O Día do Cooperativismo Galego, organizado pola Xunta e polo Consello Galego de Cooperativas, celébrase o primeiro sábado do mes de xullo coincidindo co Día Internacional do Cooperativismo. Nesta ocasión, este evento desenvólvese no concello pontevedrés de Nigrán baixo o lema As cooperativas constrúen un futuro mellor para todas as persoas. Trátase da 8.ª edición da celebración deste día en Galicia desde a súa orixe en 2016.

O acto tamén contou coa presenza do secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández; da directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, e do delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera. Os premios entregados son, o da modalidade proxectos empresariais cooperativos do certame Cooperativismo no Ensino, que foi para IES Fernando Wirtz Suárez polo proxecto Arroutada, Sociedade Cooperativa Galega, e o áccesit neste ámbito, que obtivo a Sociedade Cooperativa Galega Mendiño coa iniciativa SailingDog.  

Os Premios á Cooperación 2024 foron para Consumo Consciente Árbore, co galardón aos valores cooperativos; A Morada Nosa, co recoñecemento ao mellor proxecto cooperativo novo; e A Carqueixa, co premio á traxectoria cooperativa.

 

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
308086 {"title":"José González apela ao diálogo social e á unidade para avanzar no cooperativismo e na economía social co foco posto na dinamización do rural","published_date":"2024-07-06","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/102470-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"308086"} galicia C. de Emprego, Comercio e Emigración https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-06/308086-jose-gonzalez-apela-ao-dialogo-social-e-unidade-avanzar-cooperativismo-e-na-economia-social-co-foco-posto-na-dinamizacion-do-rural https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.