A consellería de Medio Rural promove a elaboración da Estratexia da planta ornamental e da flor de Galicia a través de mesas de traballo con axentes do sector

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, presentou os datos do sector no que Galicia destaca por ser a quinta comunidade produtora de flores e plantas ornamentais, achegando o 9% do valor total nacional
  • Ademais, puxo de relevo a aposta pola formación e investigación na procura de cultivos mellor adaptados á terra, así como a reorientación da dinámica dos viveiros galegos para que o ciclo produtivo inicie e remate en Galicia
  • María José Gómez destacou que este sector é un dos cultivos que máis renda xera por unidade de superficie e que a Estratexia da planta ornamental establece unha folla de ruta para a expansión e crecemento do mesmo
  •  

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

Boqueixón (A Coruña), 5 de xullo de 2024

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, participou hoxe na inauguración das mesas de traballo para o desenvolvemento da Estratexia da planta ornamental e da flor en Galicia para o período 2024-2034 no Centro de Formación e Experimentación Agraria de Sergude. Neste acto destacou o marcado carácter participativo da estratexia, así como a importancia da mesma para que o ciclo produtivo a curto-medio prazo inicie e remate na comunidade co consecuente impacto económico, tendo en conta que este sector é un dos cultivos que máis renda xera por unidade de superficie.

O fin das mesas de traballo, conformadas por diversos colectivos, é coñecer as inquedanzas do sector e as achegas dos distintos axentes para elaborar un diagnóstico máis concreto sobre este eido en Galicia, establecer obxectivos estratéxicos e fixar os eixos e accións que guiarán ao sector nos próximos anos. Finalmente estblecéronse tres mesas e cada unha delas encargouse de abordar un tema: produción, mercado nacional e mercado internacional.

Ademais, María José Gómez, salientou a aposta pola formación e investigación na procura de cultivos mellor adaptados ás condicións da nosa terra e o perfeccionamento das técnicas de produción nesta área de potencial dinamismo e progresiva consolidación que conta, a maiores, cun elevado nivel de emprego feminino. Neste sentido, a conselleira mencionou na súa intervención o Banco de Terras como "instrumento decisivo para ampliar a superficie necesaria que permita facer crecer e afianzar a expansión dos cultivos de planta ornamental e flor cortada" que contan actualmente cunha media de sete hectáreas por viveiro e cunhas 700 hectáreas totais entre o cultivo en terra, en colector, en invernadoiro e zonas de sombreo.

Esta estratexia supón a quinta planificación sectorial levada a cabo pola Consellería, xunto coas dos sectores lácteo, cárnico, vitivinícola e da horta e é de especial relevancia debido a que se trata dun sector que representa o 8,41% da produción agraria final en Galicia e, no panorama nacional, a nosa comunidade ocupa o quinto posto como produtora de flores e plantas ornamentais, achegando o 9% do valor total a España.

Nesta liña, Gómez engadiu que a Xunta impulsará este sector para "consolidar Galicia como unha rexión de referencia na produción e importación de planta ornamental tamén a nivel internacional".

Produción de flor e planta ornamental

O valor da produción de flor cortada e planta ornamental no conxunto da UE-27 en 2021 foi de 9.015 millóns de euros. España, con 913 millóns, representa un 10% do valor total. Ademais, é salientable que dende o ano 2015, o valor da produción aumentou un 26% mentres que no conxunto da UE só o fixo un 4% no mesmo período.

Por outra parte, a nosa comunidade é a quinta rexión produtora de flores e plantas ornamentais, achegando o 9% do valor total do país (82 de 913 M€), por detrás da C. Valenciana, Andalucía, Cataluña e Murcia. A produción de flor e planta ornamental ocupou 674 ha superficie, destas o 72% (488 ha) corresponden a planta ornamental e o 28% (186 ha) a flor, e a distribución concéntrase nas provincias da Coruña e Pontevedra. No referente ás exportacións, Galicia tamén se mantén en alza, pois do ano 2022 ao 2023, as exportacións aumentaron nun 8,30%, mentres que en España só se incrementaron nun 1,67%.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 05/07/2024
306707 {"title":"A consellería de Medio Rural promove a elaboración da Estratexia da planta ornamental e da flor de Galicia a través de mesas de traballo con axentes do sector","published_date":"2024-07-05","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/102254-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"306707"} galicia C. do Medio Rural https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-05/306707-conselleria-medio-rural-promove-elaboracion-da-estratexia-da-planta-ornamental-e-da-flor-galicia-traves-mesas-traballo-axentes-do-sector https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.