O Goberno galego financiará as obras dun novo centro de día en Ramirás e a mellora da residencia da Bola

Imagen del artículo O Goberno galego financiará as obras dun novo centro de día en Ramirás e a mellora da residencia da Bola

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Destinaranse máis de 500.000 a estas dúas actuacións que forman parte do Plan de Investimentos para a construción, reforma ou ampliación de equipamentos sociais de titularidade municipal

Ramirás e A Bola (Ourense), 5 de xullo de 2024

A Xunta de Galicia reforzará os servizos destinados á atención das persoas maiores en Ramirás e A Bola, para o que financiará a construción dun centro de día municipal na primeira localidade e, na segunda, a mellora da residencia do concello. O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, e o delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Manuel Pardo, explicaron hoxe estas dúas actuacións, que forman parte do Plan de Investimentos do Goberno galego para a construción, reforma ou ampliación de equipamentos sociais que dependen das Administracións locais.

No caso de Ramirás, a Xunta destinará 432.000 euros a sufragar o 100% do custo das obras de construción dun centro de día con capacidade para atender a 40 persoas maiores. A intervención consistirá na rehabilitación dunha antiga escola construída na década dos 30 do século pasado e que é un dos edificios máis singulares da vila.

Pola súa banda, na Bola reformarase a residencia de maiores cun investimento de 122.000 euros. Esta contía cubrirá o custe total das obras que se levarán a cabo e que consistirán en adaptar a instalación de auga quente mediante un sistema de aerotermia; na climatización das salas de estar da planta baixa e a renovación das portas de evacuación do inmoble.

Convenios

O xerente do Consorcio explicou que proximamente asinarase os convenios de colaboración para financiar entre este ano e o seguinte estas intervencións. Os concellos encargaranse de licitar e contratar as obras, así como da xestión dos centros.

A través do Plan de investimentos, a Xunta pon á disposición dos concellos galegos 18,5 millóns de euros procedentes do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia (NextGenerationEU). Con este orzamento desenvolveranse unha vintena de proxectos por toda a comunidade, entre residencias, centros de día, vivendas comunitarias e centros sociocomunitarios, en cuxa selección tamén participou a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp).

Perfecto Rodríguez destacou o impulso histórico que se dá con este Plan aos servizos locais e de proximidade destinados ás persoas maiores. Ao respecto, indicou que suporá unha importante mellora dos equipamentos e que traerá consigo a creación de 500 novas prazas de atención residencial e outras 150 de atención diúrna.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
306662 {"title":"O Goberno galego financiará as obras dun novo centro de día en Ramirás e a mellora da residencia da Bola","published_date":"2024-07-05","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/100814-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"306662"} galicia C. de Política Social e Igualdade https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-05/306662-goberno-galego-financiara-as-obras-dun-novo-centro-dia-ramiras-e-mellora-da-residencia-da-bola https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.