Fabiola García visita en Abegondo un programa de conciliación financiado cun plan de 6,6 M€ a concellos

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O Goberno galego ampliou recentemente o crédito desta liña de achegas, ata superar nun 33% o orzamento do ano anterior
  • No marco deste plan, destínanse outros 550.000 euros a case 60 Anpa e 300.000 euros a unha vintena de entidades sociais que tamén xestionan iniciativas destas características

Abegondo (A Coruña), 4 de xullo de 2024

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, acompañada do alcalde, José Antonio Santiso, a delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, e a directora xeral de Promoción da Igualdade, María Quintiana, visitou aos rapaces que participan nun campamento no CEIP San Marcos de Abegondo. Unha iniciativa que recibe financiamento a través do Plan Corresponsables, no que a Xunta de Galicia inviste este ano 6,6 millóns de euros destinados a concellos para programas de conciliación. Con esta contía, un 33% superior á do ano anterior, o Goberno galego dá cobertura a máis de 12.000 familias.

No caso de Abegondo, o concello recibiu case 30.000 euros para atender a cativos dunhas 300 familias de toda a comarca durante as vacacións de verán con actividades de todo tipo: piscina, deportes, informática, obradoiros... Con esta achega, tamén financian programas de conciliación noutros períodos vacacionais -Nadal, Entroido e Semana Santa-, ademais dun servizo de madrugadores e o programa Aula Lúdica polas tardes.

Na visita, a conselleira destacou que unha das prioridades da Xunta é ofrecer ás familias o apoio necesario para que poidan conciliar as súas obrigas laborais coa atención e o coidado aos seus fillos. Unha prioridade que o Goberno galego articula a través doutras moitas medidas, como a gratuidade do 100% das escolas infantís de 0 a 3 anos, a rede de casas niño -tamén de balde- ou o Bono Concilia Familia, para necesidades puntuais de conciliación.

Apoio a entidades sociais e Anpa

Ademais dos 6,6 millóns de euros que a Xunta destina a concellos para programas de conciliación, o Plan Corresponsables complétase con outras dúas liñas de axudas a entidades sociais e Asociacións de nais e pais de alumnos (Anpa). Na convocatoria deste ano, repartíronse 550.000 euros entre case 60 Anpa e 300.000 euros entre unha vintena de entidades sociais.

En palabras de Fabiola García, o Plan Corresponsables é unha mostra máis da aposta da Xunta pola conciliación e a corresponsabilidade, financiando alternativas para que as familias poidan ter aos seus fillos atendidos; pola igualdade, para que os coidados non recaian sempre nas nais; e pola colaboración cos concellos e coas entidades, que é a forma máis eficiente de chegar a todos os puntos de Galicia.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
304546 {"title":"Fabiola García visita en Abegondo un programa de conciliación financiado cun plan de 6,6 M€ a concellos","published_date":"2024-07-04","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/100145-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"304546"} galicia C. de Política Social e Igualdade https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-04/304546-fabiola-garcia-visita-abegondo-programa-conciliacion-financiado-cun-plan-6-6-m-concellos https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.