Martina Aneiros anima a coñecer a riqueza natural de Ferrolterra a través do minicampamento 'Valdoviño Mariño IV'

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Unha vintena de rapazas e rapaces participan esta semana na primeira quenda deste minicampamento que oferta actividades náuticas como o surf, paddle surf, caiac ou body board, entre outras

Valdoviño (A Coruña), 4 de xullo de 2024

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, acompañada do alcalde de Valdoviño, Alberto González, visitou esta mañá no hotel A Roda, de Meirás, ás 20 nenas e nenos que participan esta semana na primeira quenda do minicampamento Valdoviño Mariño IV dentro do programa Coñece Galicia, unha iniciativa coa que a Xunta de Galicia financia estadías de cinco días, de luns a venres, en aloxamentos turísticos para nenos de entre 9 e 14 anos.

"Trátase dunha iniciativa lúdico formativa que sirve para apoiar a adquisición de competencias e habilidades por parte dos mozos e mozas, neste caso, vinculadas aos deportes e actividades acuáticas, á vez que se fomenta o coñecemento da riqueza natural e patrimonial do noso territorio, o coidado polo medio ambiente e o ocio lúdico", resaltou Aneiros.

Os participantes en Valdoviño Mariño IV gozan de actividades náuticas como o surf, paddle surf, caiac, body board... así como outras propostas deportivas como o sendeirismo ou o fútbol praia. A desta semana é a primeira das tres quendas previstas neste minicampamento (a segunda celebrarase do 15 ao 19 de xullo e a terceira do 26 ao 30 de agosto). Habilitáronse un total de 20 prazas por quenda que xa están cubertas. 

A delegada territorial aproveitou a ocasión para poñer en valor a calidade da programación de verán que se ten feito desde a Xunta de Galicia e animou ás familias a que coñezan a oferta completa da campaña O teu mellor verán que axunta, ademais das propostas de minicampamentos, campos de voluntariado, oferta para entidades ou grupos xuvenís, campamentos en Galicia e noutras comunidades e un novo programa para maiores de 18 anos.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
304488 {"title":"Martina Aneiros anima a coñecer a riqueza natural de Ferrolterra a través do minicampamento 'Valdoviño Mariño IV'","published_date":"2024-07-04","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/101295-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"304488"} galicia C. de Política Social e Igualdade https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-04/304488-martina-aneiros-anima-conecer-riqueza-natural-ferrolterra-traves-do-minicampamento-valdovino-marino-iv https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.