A Xunta promove a participación cidadá no proceso da candidatura Ribeira Sacra a patrimonio mundial

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • Convócanse para os próximos meses varias xuntanzas polo territorio para informar e recoller as suxestións e inquedanzas da veciñanza
  • Nos encontros tamén se presta especial atención ao sector vitivinícola e á rede de empresarios da zona
  • Tamén se poderán facer achegas a través das redes sociais que se poñen en marcha para ofrecer unha vía máis de contacto
Imagen del artículo A Xunta promove a participación cidadá no proceso da candidatura Ribeira Sacra a patrimonio mundial
Santiago de Compostela, 4 de xullo de 2024

A Xunta de Galicia segue dando pasos na candidatura Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial, desta vez poñendo o foco na participación cidadá coa convocatoria dunha serie de xuntanzas coa veciñanza. Os encontros, previstos entre xullo e setembro en diversos puntos do territorio, darán así continuidade ao celebrado en Sober o pasado mes de marzo para lanzar esta estratexia que implica directamente á poboación.

O obxectivo das reunións é que os veciños e veciñas, así como os distintos motores económicos da zona, coñezan ben a situación da candidatura e poidan transmitir os seus comentarios e inquedanzas ao redor da mesma. Deste xeito, convócanse cinco encontros, tres veciñais e dous sectoriais.

O primeiro deles terá lugar o xoves 11 de xullo ás 19,00 horas en Monforte de Lemos e está dirixido ao eido vitivinícola pola súa importancia no territorio e na conservación da paisaxe natural. Neste senso, cóntase coa colaboración do Consello Regulador como elemento aglutinante de gran parte do sector, aínda que pode participar calquera persoa que así o desexe.

A segunda xuntanza, convocada para o venres 12 de xullo, será no Saviñao ás 20,00 horas, reunindo ao empresariado da área. Colabora neste caso a Asociación de Empresarios da Ribeira Sacra, podendo asistir tamén calquera persoa que non estea asociada, especialmente as que pertenzan á hostalería e establecementos turísticos.

No que respecta á veciñanza, é de interese a asistencia de responsables de asociacións e persoas que representen ás parroquias no senso de continuar aumentando a base de datos de cara á convocatoria do Consello Parroquial que se celebrará en outubro.

As datas destes encontros veciñais son o 14 de xullo ás 12,00 horas no Auditorio Municipal de Chantada; o 26 de xullo ás 20,00 horas no salón de actos do Castelo en Castro Caldelas e o 13 de setembro en Nogueira de Ramuín.

Ademais, para prestar información e poder seguir o proceso participativo, poñerase en marcha un perfil de redes sociais, concretamente en Instagram co nome @participa_ribeirasacra, que pretende ser outra vía de contacto ao servizo da veciñanza.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 04/07/2024
304484 {"title":"A Xunta promove a participación cidadá no proceso da candidatura Ribeira Sacra a patrimonio mundial","published_date":"2024-07-04","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/100843-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"304484"} galicia C. de Cultura, Lingua e Xuventude https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-04/304484-xunta-promove-participacion-cidada-proceso-da-candidatura-ribeira-sacra-patrimonio-mundial https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.