A Xunta completa os traballos de mellora e limpeza nun tramo de 1 km do Verdugo, unha das últimas actuacións executadas no marco do Proxecto Mil Ríos

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Cun investimento executado de preto de 60.000 €, os labores comezaron o ano pasado e centráronse en eliminar especies invasoras e alóctonas da ribeira nun treito fluvial que discorre entre a ponte colgante e a ponte medieval de Comboa
  • Ángeles Vázquez subliña que esta iniciativa, financiada con fondos europeos, permitirá optimizar a resiliencia e a capacidade de resposta de medio cento de cursos fluviais pertencentes a 16 ríos galegos ante os efectos do cambio climático

Soutomaior (Pontevedra), 4 de xullo de 2024

A Xunta de Galicia acaba de completar os traballos de conservación, mellora e limpeza nun tramo de máis de 1 quilómetro do río Verdugo entre a ponte colgante e a ponte medieval de Comboa, no concello pontevedrés de Soutomaior.

Tras subliñar que esta actuación é unha das últimas en executarse no marco do chamado Proxecto Mil Ríos, a conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, acompañada da delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, presentou esta mañá os principais datos da intervención desde a propia zona, localizada nas proximidades da área recreativa A Veiguiña.

Cun investimento de case 60.000 euros, explicou que os labores comezaron o ano pasado e se executaron divididos en dúas fases. A primeira, centrouse na eliminación de especies invasoras e alóctonas presentes na zona de ribeira (fundamentalmente acacias dealbata) mediante o seu chasqueado, unha técnica manual que consiste en retirar a cortiza dos exemplares evitando deste xeito o uso de sustancias fitocidas.

Nunha segunda fase procedeuse á corta e retirada dos pés chasqueados previamente así como á eliminación do exceso de madeira morta localizada na canle e na zona de dominio público hidráulico e cuxa presencia dificultaba tanto a pesca como o seu uso por parte dos visitantes que se achegan ata o paseo fluvial próximo.

Grazas a estas actuacións, tal e como explicou Vázquez Mejuto, acadouse unha notable mellora da vexetación de ribeira e da situación ecolóxica da zona, ao tempo que tamén contribuíu a facilitar o uso público e a actividade da pesca fluvial neste tramo, que forma parte do couto troiteiro de Soutomaior.

O proxecto Mil Ríos é unha iniciativa impulsada polo departamento de Medio Ambiente no ano 2022 cun orzamento global de 5 millóns de euros procedentes dos fondos europeos NextGenerationUE.

Tras indicar que o obxectivo é completar a finais deste ano todas as actuacións previstas, a conselleira explicou que, en total, se mellorarán 470 quilómetros de medio cento de cursos fluviais pertencentes a 16 ríos e na lagoa de Cospeito para aumentar así a súa resiliencia e capacidade de resposta ante o cambio climático.

Este proxecto é unha das actuacións máis ambiciosas que está a levar a cabo a Xunta grazas ao financiamento europeo asignado a Galicia para iniciativas no eido da restauración e da conservación dos ecosistemas e da súa biodiversidade.

Neste sentido, a responsable autonómica incidiu en que, en cifras xerais, dos 26 millóns de fondos europeos asignados a Galicia no reparto de fondos europeos ás comunidades para impulsar proxectos destinados á protección da biodiversidade, a día de hoxe case o 90% xa están comprometidos ou executados.

Por outra banda, a conselleira avanzou que o vindeiro outono o seu departamento ten previsto levar a cabo outra actuación na mesma zona. En concreto, explicou que o proxecto consistirá en acondicionar a ponte colgante sobre o río Verdugo para reforzar a seguridade así como na execución doutras labores de mantemento.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
304482 {"title":"A Xunta completa os traballos de mellora e limpeza nun tramo de 1 km do Verdugo, unha das últimas actuacións executadas no marco do Proxecto Mil Ríos","published_date":"2024-07-04","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1146549\/240703_Manuel_Rguez_Carcasona.jpeg","id":"304482"} galicia C. de Medio Ambiente e Cambio Climático https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-04/304482-xunta-completa-os-traballos-mellora-e-limpeza-nun-tramo-1-km-do-verdugo-unha-das-ultimas-actuacions-executadas-marco-do-proxecto-mil-rios https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.