A Xunta destaca o valor da cooperación transfronteiriza para potenciar a economía social e o emprendemento

Imagen del artículo A Xunta destaca o valor da cooperación transfronteiriza para potenciar a economía social e o emprendemento

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais e a directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social participaron hoxe na presentación do proxecto Es-Factory para impulsar e consolidar empresas en novas actividades emerxentes de Galicia e do norte de Portugal
  • Pablo Fernández salientou as iniciativas innovadoras no ámbito do emprendemento que a Xunta está a poñer en marcha e polas que Galicia acaba de recibir o premio á Rexión Emprendedora Europea 2025
  • Marta Mariño presentou o Observatorio da Economía Social de Galicia e norte de Portugal actividade que forma parte de Es-Factory e que ten como fin fortalecer e visibilizar a economía social en Galicia e norte de Portugal

Vigo, 3 de xullo de 2024

O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, e a directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, participaron hoxe na xornada de presentación do proxecto Es-Factory: rede de aceleradoras de economía social para impulsar e consolidar empresas en novas actividades emerxentes de Galicia e do norte de Portugal, liderado pola Xunta de Galicia. Alí ambos puxeron en valor a importancia da cooperación transfronteiriza entre entidades de ambas partes para impulsar mellores prácticas no ámbito da economía social.

O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais interveu na inauguración da xornada, onde destacou a aposta do Goberno galego por impulsar a profesionalización do ecosistema emprendedor, así como por atraer e reter talento. Neste ámbito puxo en valor o labor da Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego, que conta con 14 polos tras a inauguración de onte do Polo de Sarria.

Con ela, expuxo, a Xunta busca impulsar o emprendemento da man de todos os axentes implicados para crear actividade económica e emprego de calidade, vertebrando o territorio e garantindo o crecemento e progreso de Galicia. Tamén mencionou o Mapa de emprendemento posto en marcha pola Xunta, un espazo virtual (http://www.mapaemprendemento.gal) que integra por primeira vez o ecosistema galego con todos axentes, entidades, redes e recursos dispoñibles para iniciar un negocio.

Ademais Pablo Fernández referiuse ao proxecto piloto de coliving no que traballa o Executivo autonómico para darlle un pulo ao emprendemento no rural atraendo nómades dixitais, en colaboración coa asociación Sende, que xestiona no concello ourensán de Lobeira o primeiro espazo coliving de Europa. Todas estas medidas, lembrou, contribuíron a que Galicia fose recoñecida pola Unión Europea co premio Rexión Emprendedora Europea 2025.

Observatorio da Economía Social

Pola súa banda, a directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, presentou o Observatorio da Economía Social de Galicia e norte de Portugal actividade que forma parte do proxecto Es-Factory, e posteriormente moderou a mesa redonda relacionada con entidades de economía social.

En relación co observatorio salientou que ten como fin fortalecer e visibilizar a economía social en Galicia e norte de Portugal, así como propiciar o intercambio de experiencias e coñecemento de axentes, asociacións e demais interlocutores. Para iso aglutina accións como o deseño dun atlas de entidades de economía social e un directorio con información sobre novos sectores representativos.

Es-Factory

O proxecto Es-Factory foi aprobado no marco do programa Interreg España-Portugal (POCTEP) 2021-2027 que promove proxectos de cooperación transfronteiriza co apoio da Unión Europea. Está liderado pola Xunta de Galicia e composto por un consorcio de organizacións, no que están integrados, ademais da Xunta, Agaca, EspazoCoop, Aesgal, USC, Utad, TecMinho, e In Cubo e as súas actuacións desenvolveranse ata setembro de 2026.

Esta iniciativa promove a cooperación transfronteiriza entre entidades de Galicia e o norte de Portugal facilitando o intercambio de experiencias no ámbito da economía social e fomenta a igualdade de oportunidades e a inclusión de persoas para promover o emprendemento.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
302369 {"title":"A Xunta destaca o valor da cooperación transfronteiriza para potenciar a economía social e o emprendemento","published_date":"2024-07-03","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/99848-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"302369"} galicia C. de Emprego, Comercio e Emigración https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-03/302369-xunta-destaca-valor-da-cooperacion-transfronteiriza-potenciar-economia-social-e-emprendemento https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.