A Xunta anuncia que os cinco centros de crise 24h estarán en funcionamento no último trimestre do ano

Imagen del artículo A Xunta anuncia que os cinco centros de crise 24h estarán en funcionamento no último trimestre do ano

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Cada un destes puntos de atención especializada para vítimas de violencia sexual contará cun equipo de sete profesionais para ofrecer atención psicolóxica, xurídica e social continuada
  • O investimento do Goberno galego ascende a 11 millóns de euros, para poñer en marcha e financiar o funcionamento do servizo durante os próximos anos

Santiago de Compostela, 3 de xullo de 2024

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, acompañada do director xeral de Loita contra a Violencia de Xénero, Roberto Barba, e do xerente da área sanitaria de Santiago de Compostela, Ángel Facio, visitou esta mañá as instalacións acondicionadas no Hospital Gil Casares para albergar o centro de crise 24 horas de Santiago. É un dos puntos de atención especializada para vítimas de violencia sexual que estarán en funcionamento no último trimestre do ano en diferentes cidades galegas.

Cada un destes centros contará cun equipo formado por sete profesionais: tres psicólogos, dous traballadores sociais, un auxiliar, para atención xeral, e un asesor xurídico, para a xestión de posibles denuncias. Deste xeito, ofrecerase atención psicolóxica, xurídica e social ás vítimas de violencia sexual as 24 horas e os 365 días do ano.

Ademais do centro de Santiago, a provincia da Coruña contará con outro no Hospital Novoa Santos de Ferrol. O da provincia de Pontevedra estará no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo. En Ourense, no PAC da rúa do Concello, e en Lugo, no Hospital Universitario Lucus Augusti, que será o máis grande de toda Galicia. Todos eles estarán situados ao carón de servizos de urxencia, para facilitar a asistencia en situacións de emerxencia.

A aposta do Goberno galego

A Xunta de Galicia investiu 11 millóns de euros para poñer en marcha e garantir o funcionamento dos cinco centros de crise 24 horas nos próximos anos. Fabiola García destacou que, con este novo servizo, a nosa comunidade dótase dunha ferramenta máis para facer fronte á violencia contra as mulleres e para ofrecer ás vítimas a atención psicolóxica, xurídica e social que merecen. Unha atención que se suma á que ofrecen os máis de 80 Centros de Información á Muller (CIM) para dar servizo a 200 concellos, e diversas entidades sociais, a través de convenios co Goberno galego.

Ademais, os principais festivais de Galicia contarán este verán con Puntos lila e arcoiris, con actividades para promover a igualdade, e con atención continuada de psicólogas e sexólogas, para previr e actuar ante posibles agresións sexuais e ofrecer a asistencia axeitada ás vítimas.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
302325 {"title":"A Xunta anuncia que os cinco centros de crise 24h estarán en funcionamento no último trimestre do ano","published_date":"2024-07-03","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/99848-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"302325"} galicia C. de Política Social e Igualdade https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-03/302325-xunta-anuncia-os-cinco-centros-crise-24h-estaran-funcionamento-ultimo-trimestre-do-ano https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.