Rueda destaca a importancia do sector automobilístico para a riqueza e o emprego de Galicia

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Encomia o labor de todas as compañías do sector industrial
  • Recorda as axudas que se fan desde o Goberno galego para apoiar a transición cara a unha mobilidade sostible
  • Actualmente están abertas dúas liñas de axudas que suman 18 millóns de euros, e está preto de aprobarse o Plan Director para a Automoción

Vigo, 3 de xullo de 2024

O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, salientou hoxe a importancia que ten o sector automobilístico para a xeración de riqueza e de emprego en Galicia.

Así o fixo durante a visita á sede de Vigo de ZF Lifetec, con motivo do cincuenta aniversario da compañía. Durante o acto, o presidente encomiou o labor de ZF Lifetec e de todas as empresas que forman "a Galicia Potente", remarcando a importancia de trasladar o feito aquí a moitos lugares: "O que é bo para Galicia, é bo para moitos sitios. Por tanto, tentemos que todas as cousas boas que se poidan saian desde aquí", apuntou.

Na súa intervención, o presidente recordou as axudas que se fan desde o Goberno galego para apoiar o crecemento deste sector, ao que considerou de prioridade máxima para o seu Executivo: "Para acertar hai que escoitar. E hai que saber onde hai que priorizar e onde hai que poñer os recursos. E aquí é o momento de arriscar, o momento de dicir si", asegurou.

Actualmente están abertas dúas liñas de axudas extraordinarias para apoiar a transición cara a unha mobilidade sostible, que suman en total 18 millóns de euros. E está preto de aprobarse o documento inicial do Plan Director para a Automoción, que vai na liña de impulsar e consolidar a industria galega aumentando a súa competitividade.

Por último, Rueda deu os seus parabéns á compañía polo cincuenta aniversario, e animou a todos os empregados e directivos a seguir traballando día a día por unha Galicia máis próspera e en servizo de todos os cidadáns.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
302320 {"title":"Rueda destaca a importancia do sector automobilístico para a riqueza e o emprego de Galicia","published_date":"2024-07-03","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/101312-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"302320"} galicia A Presidencia da Xunta https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-03/302320-rueda-destaca-importancia-do-sector-automobilistico-riqueza-e-emprego-galicia https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.