A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue leva a campaña "Somos Olímpicos" ata Ribeira

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • Este municipio foi un dos de máis elevada participación da provincia da Coruña no pasado ano 2023, con 51 doazóns por cada 1.000 habitantes e ano

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

Santiago de Compostela, 3 de xullo de 2024

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) leva o xoves 4, o venres 5 e o sábado 6 de xullo ata Ribeira, a campaña especial de doazón "Somos Olímpicos," que tenta sensibilizar á cidadanía galega da importancia do solidario xesto da doazón de sangue nos meses de verán.

Deste xeito, unha unidade móbil de ADOS estará estacionada diante do xeriátrico de Ribeira o xoves, de 16.15 ás 21.00 horas; o venres, das 10.15 ás 14.00 e das 16.15 ás 21.00; e o sábado, de 10.15 ás 14.30; para atender a todas as persoas que desexen participar. Ademais, o venres ao carón da unidade móbil disporase unha montaxe alusiva aos Xogos Olímpicos e todos os doantes recibirán durante estes tres días, como agasallo, unha camiseta co lema da campaña.

Esta iniciativa desenvolverase en 23 concellos galegos e forma parte da campaña especial de doazón de sangue nos meses de verán, un período especialmente sensible, xa que os meses estivais presentan dificultades engadidas para manter estable o volume de doazóns de sangue necesarias para o mantemento do intenso labor asistencial dos hospitais galegos. ADOS lembra que, todos os días, son precisas entre 400 e 500 doazóns de sangue e, nos meses de verán, debido á deslocalización dos doantes habituais por mor das vacacións, é preciso reforzar o permanente chamamento á solidariedade que a Axencia traslada á cidadanía.

Concello solidario

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue salienta que, no pasado ano 2023, Ribeira rexistrou un total de 1.369 doazóns de sangue, o que supuxo a obtención dun índice de 51 doazóns por cada 1.000 habitantes e ano, situándose entre os concellos con maior taxa de doazón da provincia de A Coruña. Neste sentido, ADOS quere trasladar a todos os veciños e veciñas deste concello o seu recoñecemento polo seu altruísmo e solidariedade.

Así mesmo, a Axencia quere amosar o seu agradecemento á corporación municipal polo seu decidido e constante apoio ás iniciativas destinadas a promover a doazón de sangue, tanto nesta campaña especial "Somos Olímpicos", como no resto de visitas das unidades móbiles de ADOS desenvolvidas en Ribeira durante todo o ano.

Para máis información, ADOS dispón do sitio web: ados.sergas.gal, as redes sociais, e o teléfono gratuíto de información 900 100 828, para resolver calquera dúbida relacionada coa doazón de sangue ou coñecer a data dos desprazamentos das unidades móbiles.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 03/07/2024
302209 {"title":"A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue leva a campaña \"Somos Olímpicos\" ata Ribeira","published_date":"2024-07-03","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/101506-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"302209"} galicia C. de Sanidade https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta a Professional para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Professional en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un grupo de trabajo. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propio grupo de trabajo. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-03/302209-axencia-doazon-organos-e-sangue-leva-campana-somos-olimpicos-ata-ribeira https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.