A Xunta publica a orde de axudas a concellos para habilitar vivendas para persoas sen fogar

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Terá un orzamento de case 6 millóns de euros e o obxectivo é rehabilitar entre 80 e 100 inmobles
  • O importe máximo por proxecto será de 72.000 euros e se financiarán as actuacións que se realicen entre o 1 de xaneiro deste ano e o 31 de outubro de 2025

Santiago de Compostela, 3 de xullo de 2024

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a novidosa orde de axudas a concellos para habilitar vivendas para persoas sen fogar. O orzamento desta liña de subvencións é de 5,7 millóns de euros, financiados con fondos europeos procedentes do Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

Esta orde sufragará tanto as obras de rehabilitación como o equipamento de vivendas que os entes locais destinen a persoas sen fogar. O importe máximo por proxecto será de 72.000 euros: 47.000 para os traballos de reforma e acondicionamento, e 25.000 para o equipamento. Financiaranse as actuacións realizadas no período comprendido entre o 1 de xaneiro deste ano ao 31 de outubro de 2025.

O obxectivo é rehabilitar e equipar entre 80 e 100 vivendas a través destas axudas. Unha vez que a convocatoria se publique no Diario Oficial de Galicia, os concellos interesados terán un mes de prazo para presentar as súas solicitudes.

Galicia foi pioneira na atención ás persoas sen fogar coa posta en marcha dun plan específico para elas que o Executivo autonómico desenvolveu da man das administracións locais e de entidades de iniciativa social. Este plan dedícalle unha especial atención á área de vivenda, fixándose como obxectivo que as persoas sen teito conten cun fogar como paso inicial e básico para a súa reinserción social.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
302128 {"title":"A Xunta publica a orde de axudas a concellos para habilitar vivendas para persoas sen fogar","published_date":"2024-07-03","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/101053-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"302128"} galicia C. de Política Social e Igualdade https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-03/302128-xunta-publica-orde-axudas-concellos-habilitar-vivendas-persoas-sen-fogar https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.