A Xunta aposta por abordar cuestións como o absentismo laboral ou a escaseza de man de obra no marco do diálogo social

Imagen del artículo A Xunta aposta por abordar cuestións como o absentismo laboral ou a escaseza de man de obra no marco do diálogo social

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O titular de Emprego fixo fincapé na importancia da colaboración público-privada para enfrontar desafíos estructurais e que demandan actuacións coordinadas para seguir favorecendo a competitividade das empresas galegas e o emprego de calidade
  • Resaltou o compromiso da Xunta por potenciar e dotar de maior transversalidade o Diálogo Social, para "artellar solucións ás cuestións que máis preocupan no mercado laboral galego, como detectamos neste proceso de escoita activa"
  • "Queremos acadar consensos con todos os axentes sociais", remarcou José González fronte a un Goberno central "que trata de impoñer reformas como a da duración da xornada laboral a través de ultimatums e rompendo a negociación colectiva"
  • Sobre esa posible rebaixa da xornada, o conselleiro avanzou un estudo que avaliará por sectores os posibles impactos desta medida na economía galega, para "examinar as consecuencias na produtividade e tratar de protexer a empresas e traballadores"

Santiago de Compostela, 2 de xullo de 2024

A Xunta aposta por abordar dentro do Diálogo Social cuestións fundamentais para empresas e traballadores galegos como os elevados índices de absentismo, a saúde laboral, a duración da xornada ou a escaseza de man de obra e os problemas para cubrir certos perfís profesionais. Así o sinalou o conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, en declaracións previas á  reunión mantida hoxe co presidente da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), Juan Manuel Vieites; co secretario xeral da Unión Xeral de Traballadores (UXT), José Antonio Gómez, e coa secretaria xeral de Comisións Obreiras Galicia (CCOO), Amelia Pérez.

Na reunión, na que estivo acompañado polo secretario xeral técnico da Consellería, Joaquín Macho, e polo secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, José González resaltou o compromiso da Xunta por dotar de maior transversalidade e potenciar o Diálogo Social, co obxectivo de artellar solucións "ás cuestións que máis preocupan no mercado laboral galego, como estamos a detectar no proceso de escoita activa iniciado en abril cos axentes socioeconómicos representativos de Galicia".

Neste mesmo sentido, o conselleiro prantexou a importancia de actualizar as liñas de traballo incluídas dentro do diálogo entre administración autonómica, patronal e sindicatos, coa meta de "adecualas ás novas realidades" do tecido laboral galego. "Pretendemos", remarcou González, "acadar consensos con todos os axentes, porque non entendemos un Diálogo Social con imposicións".

O titular de Emprego enfrontou a actitude da Xunta á do Goberno central que, "como estamos a ver, quere levar a cabo reformas como a da duración da xornada laboral semanal a través de ultimatimus, sen acadar consensos e rompendo os cauces da negociación colectiva".

Ante esta situación, e no ámbito autonómico, José González avanzou a proposta trasladada ao Diálogo Social de desenvolver un estudo que examine, sector por sector, os posibles impactos da rebaixa da xornada laboral na economía galega, para "examinar consecuencias na produtividade e tratar de protexer a empresas e traballadores".

"Galicia aposta, en definitiva, pola colaboración e o diálogo para dar resposta ás necesidades do tecido laboral autonómico", remarcou José González arredor dunha folla de ruta que é "estratéxica" para deseñar novas iniciativas que potencien a competividade das empresas e o emprego de calidade, nun mercado laboral dinámico e inclusivo.

Absentismo e saúde laboral

Sobre os elevados índices de absentismo laboral en Galicia, o titular de Emprego afondou na importancia da colaboración público-privada para abordar un problema que está a prexudicar o labor das empresas galegas especialmente o das pequenas e medianas. Nesta liña, salientou que o Gobenro autonómico traballa dun xeito transversal en diferentes vías para combatelo, sempre da man de todos os actores.

Entre as medidas xa implementadas, José González referiuse ao seguimento que realiza deste asunto o Consello Galego de Relacións Laborais, que fomenta que as partes acorden medidas ad hoc, ademais da colaboración coa Inspección de Traballo e outras administracións para detectar os posibles casos fraudulentos nas baixas por enfermidade.

Sobre a importancia de seguir avanzando en desenvolver estratexias que favorezan a saúde e o benestar dos traballadores, o conselleiro destacou as medidas que a Administración galega desenvolve a través do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral (Issga) para favorecer á saúde e o benestar de traballadores. Neste campo destacou o convenio asinado coa Universidade de Santiago para a creación do Laboratorio de Riscos Psicosociais co fin de afrontar riscos como o estrés, a violencia ou o desgaste profesional.

Escaseza de man de obra e problemas para cubrir vacantes en certos perfís

Outra das preocupacións ás que fixo referencia o conselleiro é os problemas que sofren as empresas no referido á man de obra para cubrir as vacantes en certos perfís. Para atender este reto, subliñou José González, é preciso reter e atraer novo talento con formación máis flexible e de curta duración para axustar a oferta á demanda, entre outras accións. Tamén mencionou o labor de modernización do Servizo Público de Emprego que está levando a cabo a Xunta, con ferramentas como EMI que buscan, favorecer a empregabilidade das persoas que estean buscando dun xeito activo emprego.

Non obstante, José González expuxo que as políticas activas de emprego autonómicas están a dar resultados favorables e así queda reflectido nos datos de paro rexistrado e afiliacións á Seguridade Social coñecidos hoxe referidos ao mes de xuño. Galicia acada, por primeira vez dende que hai rexistros, unha cifra de desemprego inferior ás 118.000 persoas, liderando a nivel estatal a caída do paro na evolución anual e coas cifras de afiliacións -1.084.871- máis alta nun mes de xuño dende 2005. 

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
300920 {"title":"A Xunta aposta por abordar cuestións como o absentismo laboral ou a escaseza de man de obra no marco do diálogo social","published_date":"2024-07-02","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/99848-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"300920"} galicia C. de Emprego, Comercio e Emigración https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-02/300920-xunta-aposta-abordar-cuestions-como-absentismo-laboral-ou-escaseza-man-obra-marco-do-dialogo-social https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.