Alfonso Villares participa na liberación de tres tartarugas mariñas e pon en valor a conservación das especies mariñas e a diversidade dos oceános

Imagen del artículo Alfonso Villares participa na liberación de tres tartarugas mariñas e pon en valor a conservación das especies mariñas e a diversidade dos oceános

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O responsable autonómico destaca que o Goberno galego seguirá apostando por este tipo de iniciativas que contribúen a protexer os ecosistemas mariños
  • A Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (Cemma) destaca un incremento notable de tartarugas que chegan ás costas de Galicia

Vilagarcía de Arousa (Pontevedra), 2 de xullo de 2024

O Conselleiro do Mar, Alfonso Villares, destacou o impacto positivo das accións dirixidas a poñer en valor a conservación de especies mariñas, así como a importancia de difundir e concienciar ao conxunto da sociedade da riqueza e diversidade que esconden os océanos. Así o expresou no acto de liberación de tres tartarugas promovido polo Cemma, e que tivo lugar este martes a bordo da patrulleira de Gardacostas de Galicia 'Punta Roncadoira', que partiu do Porto de Vilaxoán ata mar aberto onde foron devoltos ao mar.

Os réptiles reciben o nome de Arou, en referencia a praia onde foi recuperada, Bilii, atopada nun areal de Barreiros e Afortunada, recollida por un mariñeiro de Malpica que foi quen escolleu o nome. Os tres exemplares presentaban feridas que tiveron que ser atendidas nun centro de recuperación. Ademais, estiveron durante 15 días expulsando plásticos, unha circunstancia que comparte o 95% dos individuos que son rescatados polo Cemma, unha cifra que reflicte o impacto negativo destes residuos  nos océanos e os seus ecosistemas . 

Grazas aos convenios coa Dirección xeral de Patrimonio Natural, o Cemma é o encargado de xestionar a Rede de Varamentos de Galicia. Un dos principais obxectivos é a protección e asistencia a mamíferos e tartarugas mariñas que chegan ás costas galegas. Con todo, a parte máis importante desta iniciativa é a devolución dos exemplares de especies protexidas ao seu medio, polo que se precisa a colaboración do Servizo de Gardacostas. Así, o responsble autonómico enxalzou o labor que realiza esta entidade, que calificou de "fundamental", á vez que agradeceu o papel de moitas persoas colaboradoras que dan a voz de alerta para que estes animais sexan atendidos adecuadamente o antes posible.

Durante o pasado ano rexistráronse nas costas galegas un total de 573 animais varados ou en risco de varar. Ademais, o Cemma destacou un incremento notable da cantidade de tartarugas que chegan ás costas de Galicia e que teñen que ser atendidas por diferentes problemáticas. No que vai de ano xa foron liberados cinco exemplares e outros cinco atópanse ingresados. Entre o 80 e 90% logran recuperarse, sendo liberadas posteriormente en mar aberto co obxectivo de evitar riscos e facilitar a súa entrada nas grandes correntes oceánicas nas que viven e se alimentan.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
300918 {"title":"Alfonso Villares participa na liberación de tres tartarugas mariñas e pon en valor a conservación das especies mariñas e a diversidade dos oceános","published_date":"2024-07-02","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/99848-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"300918"} galicia C. do Mar https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-02/300918-alfonso-villares-participa-na-liberacion-tres-tartarugas-marinas-e-pon-valor-conservacion-das-especies-marinas-e-diversidade-dos-oceanos https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.