Galicia lidera a caída do paro na evolución anual e acada unha cifra de desemprego inferior ás 118.000 persoas por primeira vez desde que hai rexistros

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • A baixada do paro nun -8,59% no último ano sitúa a Galicia como a primeira comunidade autónoma na que más descende o desemprego en termos relativos
  • A comunidade galega é, ademais, a segunda na que máis baixa o paro con respecto a maio, tamén en termos porcentuais
  • O paro diminuíu na evolución anual e mensual nas catro provincias galegas, en todos os sectores de actividade e entre as mulleres, os menores de 30 anos e os parados de longa duración
  • A cifra de afiliacións -1.084.871- é a máis alta nun mes de xuño desde 2005
  • González puxo en valor a evolución favorable do mercado laboral galego e destacou o traballo da Xunta para que nas listas do paro estean as persoas que demandan un emprego dun xeito activo

Sarria (Lugo), 2 de xullo de 2024

O mercado laboral galego continúa cunha evolución favorable pechando xuño con datos históricos un mes máis. É a primeira vez desde que hai rexistros (1996) que o paro sitúase por debaixo das 118.000 persoas, en concreto, rexistráronse 117.938 persoas en situación de desemprego, a cifra máis baixa desde hai 28 anos. Así o afirmou hoxe o conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, na valoración dos datos que fixo na apertura do polo de emprendemento de Sarria.  

González salientou, ademais, que Galicia lidera a caída do paro na evolución anual (-8,59%) en termos relativos e é a segunda comunidade na que máis baixa o paro, tamén en valores porcentuais (-3,36%), con respecto a hai un mes.

O paro caeu na evolución anual e mensual, nas catro provincias galegas, en todos os sectores de actividade e tamén nos colectivos prioritarios nas políticas activas de emprego da Xunta como son, entre outros, as mulleres ou os menores de 30 anos.

Na comparativa anual, por sectores, liderou a baixada o primario (-12,78%) seguido da industria (-12,37%), da construción (-12,13%) e dos servizos (-7,89%). En canto aos colectivos prioritarios, diminuíu o paro nas mulleres (-9,19%), entre os menores de 30 anos (-8,20%) e nos parados de longa duración (-5,59%). Ademais, as cifras de desempregados xuvenís e de mulleres neste mes acadan ser as menores de toda a serie histórica (2005). Con respecto a xuño de 2023, ademais, o desemprego descendeu tamén nas sete grandes cidades.

Evolución mensual e afiliacións

Con respecto á evolución mensual, o paro tamén baixa en Galicia con respecto a maio, nun -3,36%, o que supón 4.098 persoas menos en situación de desemprego. O descenso é case o dobre que o rexistrado no Estado. O paro caeu tamén en todos os sectores liderando o diminución o primario (-3,80%) seguido dos servizos (-3,50%). Baixou tamén entre as mulleres e os menores de 30 anos.

José González tamén valorou os datos de afiliacións á Seguridade Social que suman en Galicia 1.084.871, a cifra máis alta nun mes de xuño desde 2005. Resaltou, ademais, que o emprego crece máis en Galicia que na media do Estado con respecto a maio, xa que o incremento nas afiliacións é maior na comunidade galega que na media estatal.

O conselleiro, tras poñer en valor que Galicia leva cinco meses consecutivos de caídas do paro, acadando, ademais, cifras históricas cada mes, explicou que o Goberno galego seguirá deseñando políticas de emprego que demostran ser eficaces para continuar xerando emprego de calidade en Galicia, tanto por conta propia como por conta allea.

Referiuse á modernización do Servizo Público de Emprego con medidas, entre outras, como a ferramenta baseada en Intelixencia Artificial, Emi, para casar oferta e demanda que é pioneira no Estado; e "aos bos resultados" do programa de seguimento intensivo da demanda de emprego que está a permitir afinar que nas listas do paro estean as persoas que demandan emprego dun xeito activo. "O noso obxectivo é que as persoas que buscan activamente un emprego poidan conseguilo canto antes, ter ese posto de traballo, e cubrir tamén esa falta de man de obra que nos trasladan as empresas", indicou.

José González, ademais, indicou que a Xunta segue a despregar a Rede de polos de emprendemento que hoxe mesmo sumou un novo laboratorio, o de Sarria, o que supón a oficina número 14, coa previsión de ampliarse ata 15 nas vindeiras semanas co polo de Vilanova de Arousa. Por último, mostrouse preocupado polo absentismo laboral e incidiu en que un dos retos principais do Goberno galego é garantir a produtividade do tecido empresarial, que se adoptará sempre desde o consenso, rematou.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
299805 {"title":"Galicia lidera a caída do paro na evolución anual e acada unha cifra de desemprego inferior ás 118.000 persoas por primeira vez desde que hai rexistros","published_date":"2024-07-02","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/101001-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"299805"} galicia C. de Emprego, Comercio e Emigración https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-02/299805-galicia-lidera-caida-do-paro-na-evolucion-anual-e-acada-unha-cifra-desemprego-inferior-as-118-000-persoas-primeira-vez-hai-rexistros https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.