O Camiño de Santiago renova a súa condición de Primeiro Itinerario Cultural Europeo
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- A Federación Europea do Camiño de Santiago vén de notificar á Xunta de Galicia esta certificación que avala o traballo do Goberno autonómico para manter esta condición
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Santiago de Compostela (A Coruña), 1 de xullo de 2024
A Federación Europea do Camiño de Santiago que integra a administracións públicas de 10 países vén de notificar á Xunta de Galicia a renovación da certificación como Primeiro Itinerario Cultural Europeo do Camiño de Santiago, unha renovación que avala o traballo realizado polo Goberno autonómico en colaboración coas distintas administracións públicas e asociacións nos últimos anos para conseguir manter e conservar os criterios que fixeron posible este recoñecemento hai máis de 30 anos.
Desde o Instituto Europeo de Itinerarios Culturais felicitan á Xunta pola súa participación activa para manter os criterios establecidos polo Consejo de Europa. Valórase, entre outros aspectos, a cooperación en materia de investigación e desenvolvemento, o intercambio de coñecementos en diferentes disciplinas e a promoción dos valores europeos de convivencia.
Tamén o papel que se leva a cabo para poñer en valor a historia e patrimonio cultural de Europa a través do Camiño de Santiago, así como o fomento ao turismo cultural e desenvolvemento sostible, respectando as identidades locais e rexionais, entre outros criterios. O Camiño de Santiago renovou este recoñecemento despois dun rigoroso proceso de avaliación e esta renovación conleva, ademais, dun maior recoñecemento tamén oportunidades para garantir a posta en marcha de proxectos conxuntos con outros territorios.
O Consejo de Europa distinguiu o Camiño de Santiago como Primeiro Itinerario Cultural en 1987, tempo no que o fenómeno das peregrinacións vén evolucionando ano a ano. A día de hoxe, o número de Compostelas entregadas supera as 200.000, un crecemento do 16% con respecto ao ano anterior e tamén se está a vivir unha crecente internacionalización, co 65% dos peregrinos estranxeiros a día de hoxe.