A 'Etapa Popular Camiño da Costa' congrega en Vigo a ducias de persoas e confirma "o auxe da ruta Xacobea que máis medra" en Galicia
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- A Xunta organizou este domingo a iniciativa cun tramo de 20 quilómetros que discorre polo municipio vigués, entre as parroquias de Saiáns e Teis
- A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, destacou a beleza da ruta e o seu " importante auxe " neste 2024
- O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, salientou os estudos que indican que "os peregrinos consumen na nosa comunidade tres veces máis que os visitantes"
- A delegada da Xunta, Ana Ortiz, cualificou a convocatoria como un "rotundo éxito" e recomendou percorrer o trazado para "descubrir un paisaxe marabilloso"
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Vigo, 30 de xuño de 2024
A primeira edición da Etapa Popular Camiño da Costa por Vigo celebrouse este domingo, 30 de xuño, cun percorrido polo tramo da peregrinación xacobea par confirmar que a ruta que atravesa o municipio vigués está a experimentar un "incremento espectacular" neste ano 2024. Así o afirmou a conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, que asistiu á iniciativa da Xunta de Galicia xunto á delegada territorial, Ana Ortiz, e o director da Axencia de Turismo de Galicia, Xosé Merelles.
Preto de 200 persoas partiron a primeira hora da mañá desde a parroquia de Saiáns para percorrer o trazado de 20 quilómetros que cruza Vigo, desde Nigrán ata Redondela. Os participantes foron trasladados en autobús desde a Delegación Territorial ata o punto de saída para completar unha andaina que combina as zonas rurais de Saiáns e San Miguel de Oia co casco urbano da cidade, pasando por sendas coma a do río Lagares e áreas históricas como o Casco Vello.
María Martínez Allegue destacou a beleza do trazado e destacou os datos que apuntan a un importante aumento na afluencia de peregrinos. "É un camiño moi fermoso que está experimentando un auxe importante este ano, polo que animamos a todos os camiñantes a que realicen a ruta", sinalou a conselleira
Pola súa banda, o director de Turismo de Galicia ratificou que se trata da ruta que "máis medra" e apostou por un novo récord en 2024. "Os estudos que temos indican que un peregrino consume tres veces máis que un visitante, está máis tempo no territorio e no caso do Camiño da Costa o 85% son estranxeiros, que fan un gasto de 150 euros diarios", sinalou Xosé Merelles.
Ademais, Ana Ortiz celebrou o "rotundo éxito" da convocatoria e lembrou que "a iniciativa tivo como obxectivo mostrar á cidadanía viguesa o marabilloso roteiro ao seu paso polo municipio". A delegada da Xunta engadiu que "o Camiño da Costa é un dos nosos grandes patrimonios culturais, porque o Camiño tamén é patrimonio de todos os vigueses".
Percorrido
O percorrido atravesou as parroquias de Saiáns, San Miguel de Oia, Coruxo, Balaídos, Castrelos, As Travesas e Casco Vello ata finalizar en Teis. Ao finalizar a etapa houbo tamén servizo de buses que achegaron aos participantes de novo ao edificio administrativo da Xunta. Na iniciativa colaboraron a Federación Provincial de Comerciantes, a Federación Empresarial de Turismo e Hostalería de Pontevedra, Amigos dos Pazos, Vodea, Coca-Cola e Gadis.