José González salienta no Festival Espírito Ribeiro o impulso da Xunta á divulgación da artesanía galega
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- A Xunta patrocina a organización da cuarta edición desta iniciativa, que arrancou na tarde de onte en Arnoia e mañá remata en Cenlle
- Nove profesionais de Artesanía de Galicia participan nunha cita que, ademais, acolle obradoiros abertos a todos os públicos sobre serigrafía, cianotipia e gyotaku
- O conselleiro remarcou o carácter vertebrador da artesanía galega e puxo en valor os apoios autonómicos para o fomento da súa comercialización, que incrementan este ano as axudas aos obradoiros artesáns e poden solicitarse ata o vindeiro 29 de xullo
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Castrelo de Miño (Ourense), 29 de xuño de 2024
O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, acompañado dos directores xerais de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, e de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, asistiu esta tarde en Castrelo de Miño á segunda xornada da 4ª edición do Festival Espírito Ribeiro. Trátase dun evento de enxalzamento do viño e do territorio vinculado á D.O. Ribeiro, que arrancou onte en Arnoia e mañá rematará en Cenlle.
A través da Fundación Artesanía de Galicia, patrocínase a participación de nove profesionais da marca Artesanía de Galicia, que están presentes no festival como expositores, así como a organización de tres obradoiros gratuítos para todos os públicos especializados en serigrafía, cianotipia e gyotaku.
No evento, ao que tamén acudiu o delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, o titular de Emprego, Comercio e Emigración puxo en valor os produtos artesanais de coiro, olería, bixutería, encadernación ou moda que se están presentes no evento. Os profesionais de Artesanía de Galicia que participan na edición deste ano son os obradoiros de Ourense Bangus, Cisne Taller Artesano, María Aba, Ingenyart e Marta Restauración; Luciérnaga (Barbadás), Olería do Batán (Baños de Molgas), Senda Cuero y Metal (A Pobra de Brollón) e Mimacuir (Taboada).
Os visitantes a Espírito Ribeiro están a participar nos diferentes obradoiros gratuítos patrocinados pola Fundación Artesanía de Galicia que se celebran os tres días en horario de 19,00 horas a 22,00 horas e estarán impartidos polos artesáns María José Martínez e José Antonio Carrera, de Peixesapop.
En Castrelo de Miño, hoxe, amósase a técnica da cianotipia, un procedemento fotográfico no que empregando papel de acuarela e produtos químicos sensibles á luz, exponse directamente ao sol usando negativos de fotografía ou obxectos diversos, obtendo finalmente unha imaxe en azul prusian. E, mañá en Cenlle está programado un obradoiro de estampaxe mediante a técnica de serigrafía.
José González referiuse á aposta da Xunta pola artesanía galega, como vertebradora do territorio e lembrou que a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, para o fomento da comercialización da artesanía, incrementou neste 2024 o seu apoio aos obradoiros artesáns para que poidan asistir a feiras de calquera ámbito territorial e abrir novos mercados, ao tempo que aumentan as súas vendas e aseguran a viabilidade dos seus proxectos empresariais. Así, dos 265.000 euros de orzamento cos que conta esta orde, 180.000 euros (case un 68%) están destinados aos artesáns e artesás de Galicia. O prazo para solicitar estas axudas está aberto e rematará o luns 29 de xullo.