Declaración institucional con motivo do Día internacional do Orgullo LGBTI, o 28 de xuño de 2024

Imagen del artículo Declaración institucional con motivo do Día internacional do Orgullo LGBTI, o 28 de xuño de 2024

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

Dereitos, igualdade e respecto á diversidade. Estes tres conceptos, tan básicos á vez que transcendentes, son os que a Xunta de Galicia pon de manifesto a diario, pero especialmente neste 28 de xuño, Día internacional do Orgullo LGBTI.

O Goberno galego, en representación de todos os galegos e galegas, quere reivindicar a liberdade das persoas independentemente da súa orientación sexual e a súa identidade de xénero. E, sobre todo, o seu dereito a vivilas en igualdade de trato e sen discriminación.

Son moitas as leis que recoñecen a igualdade de todas as persoas como principio xurídico fundamental e universal, mais a Xunta de Galicia é consciente da necesidade de seguir traballando ata que o conxunto da sociedade recoñeza e respecte de xeito rotundo a diversidade.

Todo o que temos avanzado neste eido foi grazas a unha inmensa maioría de galegas e galegos que cren e practican a igualdade cada día, en cada xesto, por pequeno que pareza. Tamén grazas ao labor conxunto das institucións e do movemento asociativo. Pero os avances nunca serán suficientes mentres permaneza a máis mínima discriminación e conduta LGBTIfóbica.

Galicia é e seguirá sendo unha comunidade aberta e acolledora. Unha comunidade que abraza a diversidade e que está comprometida para seguir traballando cun só obxectivo: vivir en igualdade. Farémolo con máis recursos e máis accións de visibilización, concienciación e sensibilización. Comprometémonos a seguir esa senda dunha soa dirección que é a igualdade.

Galicia está orgullosa. De todas e de todos, sen excepcións. Porque se hai algo que fará que vivamos nunha Galicia mellor, iso será o respecto e a igualdade.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
292989 {"title":"Declaración institucional con motivo do Día internacional do Orgullo LGBTI, o 28 de xuño de 2024","published_date":"2024-06-28","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/100487-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"292989"} galicia C. de Política Social e Igualdade https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-28/292989-declaracion-institucional-motivo-do-dia-internacional-do-orgullo-lgbti-28-xuno-2024 https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.