A Xunta defende a creación dunha mesa de traballo co Concello de Vigo e Conxemar para avaliar as cuestións que blinden o carácter referencial desta feira

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O director xeral de Comercio e Consumo trasladou no Padroado de Ifevi que o Goberno galego sempre apoiou e vai seguir apoiando á Asociación Española de Maioristas, Importadores, Transformadores e Exportadores de Produtos da Pesca e Acuicultura
  • A Xunta ve estratéxico impulsar un espazo de colaboración para abordar a situación actual de Conxemar, avaliar as súas necesidades reais e artellar as posibles solucións
  • Neste sentido, tamén prantexa un encontro coa Zona Franca para coñecer e afondar nas súas propostas, avaliar a súa oferta de investimento no Ifevi e as condicións

Vigo, 27 de xuño de 2024

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, acompañado pola delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, asistiu hoxe á reunión do Padroado do Instituto Feiral de Vigo (Ifevi), na que defendeu a necesidade de crear unha mesa de traballo co Concello de Vigo e con Conxemar -a Asociación Española de Maioristas, Importadores, Transformadores e Exportadores de Produtos da Pesca e Acuicultura-, enfocada en potenciar o desenvolvemento da feira organizada en Vigo por esta entidade, referencial para este sector e para a economía galega no seu conxunto.  

Dentro da aposta da Xunta pola colaboración público-privada e o seu compromiso con Vigo, considerase estratéxico impulsar este espazo de diálogo co obxectivo de abordar a situación actual, avaliar as necesidades reais -que van máis aló dos espazos, ao afectar tamén ao aparcamento, as conexións por estrada co Ifevi e co aeroporto ou a reordenación e tráfico- e artellar as vías de traballo que favorezan as solucións garantes para que Conxemar siga medrando dende esta cidade.

Neste mesmo sentido, o Goberno autonómico prantexa un encontro coa Zona Franca para poder afondar nas súas propostas sobre Ifevi, permitindo avaliar a súa oferta de investimento e as condicións respecto da oferta coñecida onte polos medios de comunicación.

No encontro de hoxe, o director xeral tamén trasladou que o Goberno galego sempre apoiou e vai seguir apoiando a Conxemar e a súa feira e insistiu no xa mencionado compromiso do Executivo galego co seu desenvolvemento en Vigo. Neste sentido, expuxo que o contacto é permanente co fin de analizar as necesidades do sector transformador e as posibles solucións para que a feira continúe coa súa boa evolución.

Unha traxectoria, engadiu Alén, á que contribuíu en gran medida a Xunta e que beneficia ao conxunto do tecido económico empresarial tanto de Vigo como de Galicia. Mostra deste apoio do Executivo autonómico é a renovación do convenio de colaboración con esta asociación por dous anos cunha aportación autonómica de 605.000 euros e un incremento da contía anual de preto do 52%. Ademais, cómpre lembrar, por exemplo, que en setembro de 2022 a Xunta asinou a cesión do novo pavillón do Ifevi, cun investimento de 8,3 millóns de euros para as novas instalacións.

Nesta liña, o director xeral sinalou que a feira que acolle Vigo a comezos de outubro ten impacto noutros sectores económicos, ademais do de transformación e elaboración de produtos do mar, e que as solucións para garantir o seu peso específico neste ámbito dende a cidade olívica deben abordarse, insistiu, a través da cooperación.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
291803 {"title":"A Xunta defende a creación dunha mesa de traballo co Concello de Vigo e Conxemar para avaliar as cuestións que blinden o carácter referencial desta feira","published_date":"2024-06-27","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/99811-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"291803"} galicia C. de Emprego, Comercio e Emigración https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-27/291803-xunta-defende-creacion-dunha-mesa-traballo-co-concello-vigo-e-conxemar-avaliar-as-cuestions-blinden-caracter-referencial-desta-feira https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.