A Xunta convoca as axudas para que os obradoiros artesáns abran novos mercados e aumenten vendas en feiras de ámbito nacional e internacional

Imagen del artículo A Xunta convoca as axudas para que os obradoiros artesáns abran novos mercados e aumenten vendas en feiras de ámbito nacional e internacional

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a orde da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración para o fomento da comercialización da artesanía, cun orzamento de 265.000 euros
  • As achegas -que se poden solicitar desde mañá ata o 29 de xullo- apoian a asistencia dos obradoiros a feiras de todo o mundo, ademais de financiar a organización destes eventos desde concellos ou asociacións de artesáns
  • A orde -que en 2023 acadou case 80 entidades beneficiarias- responde á importancia do sector en Galicia tanto no plano social e cultural como no económico

Santiago de Compostela, 27 de xuño de 2024

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a orde da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración para o fomento da comercialización da artesanía que, neste 2024, incrementa o seu apoio aos obradoiros artesáns para que poidan asistir a feiras de calquera ámbito territorial e abrir novos mercados ao tempo que incrementan as súas vendas e aseguran a viabilidade dos seus proxectos empresariais. Así, dos 265.000 euros de orzamento cos que conta esta orde, 180.000 euros (case un 68%) están destinados aos artesáns e artesás de Galicia.

En concreto, a Xunta apoia a asistencia a feiras profesionais ou non profesionais de artesanía, de ámbito nacional e internacional, por parte de obradoiros artesáns da nosa Comunidade, financiándolles cuestións como o alugueiro do espazo expositivo, seguros, servizos de carácter básico e obrigatorios sinalados polo regulamento das feiras, servizos de tradución e transporte profesional do material expositivo, entre outros.

Os obradoiros beneficiarios poderán recibir unha subvención máxima de 8.000 euros a través de tíckets por feira que irán dos 400 euros de mínimo en feiras non profesionais aos 3.000 euros de máximo en feiras profesionais, pasando polos 1.500 euros para feiras de Nadal.

Así mesmo, outórganse axudas a concellos e asociacións profesionais ou empresariais de artesáns e artesás para que organicen feiras en Galicia que poñan en valor os distintos oficios ao tempo que os obradoiros implicados aumentan vendas. En concreto, subvenciónanse gastos de infraestrutura, servizos feirais e de publicidade, entre outros.

Os concellos poderán recibir unha axuda máxima de 15.000 euros, sendo esta a cantidade fixada para as feiras monográficas de artesanía. Se non son monográficas, o importe varía segundo os obradoiros inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia que participen. No caso das asociacións de artesáns, poden chegar aos 18.000 euros de achega con feiras de 30 obradoiros involucrados e tamén poden optar a apoios para manter as súas páxinas web, maiores segundo o número de inscritos de Artesanía de Galicia que representen. 

Canto ao prazo de solicitude, arranca mañá e prolongarase ata o próximo luns 29 de xullo incluído.

Cómpre engadir que o ano pasado beneficiáronse desta convocatoria un total de 78 entidades, practicamente a totalidade delas obradoiros artesáns que puideron grazas ás achegas asistir a feiras nacionais e internacionais para impulsar os seus proxectos.

Ligazón á orde no DOG: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240627/AnuncioG0767-180624-0001_gl.html

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
290956 {"title":"A Xunta convoca as axudas para que os obradoiros artesáns abran novos mercados e aumenten vendas en feiras de ámbito nacional e internacional","published_date":"2024-06-27","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/99848-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"290956"} galicia C. de Emprego, Comercio e Emigración https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-27/290956-xunta-convoca-as-axudas-os-obradoiros-artesans-abran-novos-mercados-e-aumenten-vendas-feiras-ambito-nacional-e-internacional https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.