Fabiola García anuncia a instalación de puntos lila e arcoiris nos principais festivais do verán

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • A Xunta de Galicia porá este servizo a disposición dos asistentes ao Portamérica, o Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira, o Atlantic Fest, o Morriña Fest, o Río Verbena e o Caudal Fest
  • Máis de medio cento de profesionais do ocio nocturno xa recibiron a formación necesaria para actuar ante agresións sexuais e LGTBIfóbicas e ofrecer asistencia ás vítimas

Santiago de Compostela, 26 de maio de 2024

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, respondeu esta tarde a unha pregunta oral no Parlamento sobre a loita contra a LGTBIfobia. Durante a súa intervención, anunciou que a Xunta de Galicia instalará puntos lila e arcoiris nos principais festivais do verán: Portamérica (Portas), Festival Internacional do mundo celta de Ortigueira, Atlantic Fest (Vilagracía de Arousa), Morriña Fest (A Coruña), Río Verbena (Pontevedra) e Caudal Fest (Lugo). Esta acción levarase a cabo grazas á colaboración da Axencia Turismo de Galicia.

Fabiola García destacou a boa acollida do punto lila e arcoiris do Son do Camiño, en Santiago, que foi o primeiro festival en contar con este servizo. Froito desta experiencia, outros seis eventos das mesmas características contarán con cadanseu punto con actividades para promover a igualdade entre os asistentes, ademais de ofrecer atención especializada e continuada por parte de psicólogas e sexólogas para previr e actuar ante posibles agresións sexuais e LGTBIfóbicas.

Un obxectivo que tamén se persegue nos locais de ocio nocturno. No marco do Protocolo de actuación nestes espazos, máis de medio cento de profesionais do sector xa recibiron a formación necesaria para previr, detectar e responder ante estas situacións e ofrecer ás posibles vítimas a asistencia que necesitan, evitando así a súa revitimización.

A conselleira lembrou que Galicia foi pioneira en 2014 coa aprobación da primeira lei autonómica contra a discriminación das persoas homosexuais, transexuais, bisexuais e intersexuais. Dende entón, asegurou, o compromiso da Xunta de Galicia con esta causa non fixo máis que intensificarse, cunha nova Lei de igualdade ou a posta en marcha do servizo 028 Arco da Vella.

Fabiola García apuntou, ademais, que dende o ano 2009 o Goberno galego multiplicou por catro o orzamento en materia de igualdade, que este ano ascende ata os 54 millóns de euros. Con respecto ao ano pasado, a Xunta duplicou a partida destinada a apoiar o movemento asociativo LGTBI, a impulsar o Observatorio Galego contra a Discriminación por Orientación Sexual e Identidade de Xénero, e a reforzar a atención ás persoas LGTBI a través dos CIM, os Centros municipais de Información á Muller.

Fabiola García recoñeceu que aínda queda moito por facer na defensa dos dereitos das persoas homosexuais, bisexuais, transexuais e intersexuais e na loita contra calquera tipo de discriminación, pero garantiu o compromiso da Xunta de Galicia con esta causa apostando por máis investimento, máis protección legal, máis sensibilización e máis visibilidade.

 

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
289718 {"title":"Fabiola García anuncia a instalación de puntos lila e arcoiris nos principais festivais do verán","published_date":"2024-06-26","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/100148-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"289718"} galicia C. de Política Social e Igualdade https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-26/289718-fabiola-garcia-anuncia-instalacion-puntos-lila-e-arcoiris-nos-principais-festivais-do-veran https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.