Medio Rural salienta a investigación e a innovación como eixes cruciais para avanzar na mellora do sector vitivinícola
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte, participou hoxe na inauguración das V Xornadas do Grupo de Viticultura da Sociedade Española de Ciencias Hortícolas
- Alemparte puxo de relevo este tipo de xornadas que "contribúen á mellora continua do sector mediante a difusión de investigacións innovadoras, a promoción de boas prácticas a creación de redes de colaboración"
- Salientou o importante labor levado a cabo pola Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia liderando proxectos de investigación no eido da selección e mellora xenética das variedades de vides autóctonas e de técnicas de cultivo sostibles
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Ourense, 26 de xuño de 2024
O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte, participou hoxe na inauguración das V Xornadas do Grupo de Viticultura da Sociedade Española de Ciencias Hortícolas, centradas na investigación, desenvolvemento e aplicación tecnolóxicas no ámbito da viticultura. A quinta edición deste evento finalizará mañá, xoves 27 de xuño, e está a ter lugar no Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense.
Durante a súa intervención, o director sinalou a investigación e a innovación como eixes claves para avanzar neste eido e lembrou o importante labor que leva a cabo a Axencia Galega da Calidade Alimentaria en materia de promoción e protección da calidade diferenciada dos produtos galegos acollidos aos distintos indicativos de calidade, como son as cinco denominacións de orixe de viños galegos -Ribeira Sacra, Monterrei, Ribeiro, Valdeorras e Rías Baixas- e as outras cinco indicacións xeográficas protexidas -Terras de Barbanza e Iria, Betanzos, Val do Miño-Ourense e Terras do Navia-.
Ademais, puxo en valor os investimentos realizados no eido da investigación levados a cabo pola Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia, adscrita a esta entidade, que desempeña un papel fundamental no I+D+i na enoloxía galega e lidera proxectos de investigación no eido da selección e mellora xenética das variedades de vides autóctonas e de técnicas de cultivo sostibles.
O director tamén puxo de relevo este tipo de xornadas que "son cruciais para o avance do coñecemento e a práctica na viticultura e contribúen á mellora continua do sector mediante a difusión de investigacións innovadoras, a promoción de boas prácticas e a creación de redes de colaboración".
Alemparte sinalou a importancia que ten a viticultura na nosa comunidade, enxalzando o seu valor no eido económico, cultural e paisaxístico. Destacou tamén que este tipo de eventos contribúen a tecer unha "rede de cooperación e intercambio de coñecemento con outras rexións vitivinícolas" que é esencial para o desenvolvemento e perfeccionamento da nosa viticultura.