Martínez Allegue demanda vontade política para afrontar a transferencia da AP-9 como demanda unánime de Galicia

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

Santiago de Compostela, 26 de xuño de 2024

"A transferencia da AP-9 a Galicia é, sobre todo, unha cuestión de vontade política". Así o reivindicou hoxe na súa intervención no Parlamento galego a conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, quen reclamou "transparencia" ao Goberno central sobre sobre a súa postura con respecto ao traspaso e subliñou que a Xunta "non vai seguir tolerando o teatro e as promesas baleiras" e que o Goberno central "siga facendo de menos a Galicia; siga sen atender as nosas xustas demandas e siga sen cumprir os compromisos adquiridos".

A conselleira fixo fincapé en que fronte "ao goberno da arbitrariedade, que non ten ningún interese en abordar a transferencia da AP-9 e quere que nos conformemos coas bonificacións", a posición do Goberno galego respecto da transferencia "non variou nin un ápice e seguiremos a reclamar o que é de xustiza para Galicia".

Subliñou que a transferencia da AP-9 é "unha lexítima demanda que choca non só coa negativa do Goberno de España, senón coa incongruencia no comportamento do Grupo Socialista, que apoia a demanda nesta Cámara pero se abstén en Madrid".

Neste senso, a conselleira cualificou de "dantesco" o recente baile de cifras ofrecido polo ministro de Transportes Óscar Puente, a quen acusou de facer "teatro" nas súas visitas a Galicia e de "mesturar o custe da transferencia co do rescate, co pago dos peaxes e lanzar xerras de auga fría sobre o noso dereito a acadar unha AP-9 galega, deixando aos pés dos cabalos ao señor Besteiro e as súas promesas de liberar a peaxe". "Non hai dereito -dixo- a despachar unha reclamación que levamos facendo desde hai catorce anos cunha frase e unha cifra pouco menos que sacada da manga".

Allegue lembrou que mentres o Goberno central abre a porta a liberar peaxes noutras comunidades, "para Galicia hai titulares e promesas baleiras". "Estamos a falar -engadiu- do mais grande agravio comparativo que estamos a sufrir e que lastra a nosa economía e a nosas posibilidades de competir con outros territorios. Abonda xa de desleixo e de escusas e de tratar aos galegos como cidadáns de segunda".

Deste xeito, esixiu na súa intervención ao Goberno central a elaboración dun "estudo serio e rigoroso do coste real, tanto da transferencia da titularidade como da xestión, así como do rescate da concesión". Reclamou así mesmo que nese estudo se analicen os termos e condicións da concesión de Audasa, "que levamos tempo denunciando como vantaxosas e economicamente lesivas para os intereses dos galegos". Así mesmo, cualificou tamén de "lamentable" a falta de información "fiable" sobre a resposta á Comisión Europea sobre a última prórroga da AP-9, afirmando que "toda a información da que dispón o Goberno galego ven dos medios de comunicación".

Estudo da Xunta

Porén, a Xunta xa encargou o seu propio estudo, "aínda que sexa coa pouca información de que dispoñemos, porque o que temos claro é que non podemos confiar nun goberno que, sen datos e sen sentarse sequera a falar, xa desbota a posibilidade de acadar esta transferencia".

Ademais de "non ceder no empeño por acadar unha AP-9 galega", acompañada "tanto dos recursos necesarios para a súa correcta explotación, como dos investimentos precisos para levar a cabo as obras pendentes", a conselleira recalcou que a Xunta seguirá a esixir que se cumpran os compromisos adquiridos tanto PSOE como o BNG "que prometeron implantar a gratuidade das peaxes das autoestradas estatais AP-9 e AP-53". Tamén reivindicará a liberación da peaxe da AP-53, de forma que se iguale o percorrido Santiago-Lalín co treito Lalín-Ourense que a Xunta mantén gratuíto.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 26/06/2024
289714 {"title":"Martínez Allegue demanda vontade política para afrontar a transferencia da AP-9 como demanda unánime de Galicia","published_date":"2024-06-26","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/100209-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"289714"} galicia C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta a Professional para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Professional en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un grupo de trabajo. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propio grupo de trabajo. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-26/289714-martinez-allegue-demanda-vontade-politica-afrontar-transferencia-da-ap-9-como-demanda-unanime-galicia https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.