A Xunta destaca a dixitalización e a suma de talento como elementos clave para afrontar os retos futuros do naval galego

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, participou na clausura da Xornada de Ciberseguridade no Sector Naval
  • Recordou que o naval é un sector estratéxico para Galicia, que dá emprego a máis de 14.000 persoas e representa o 3,5 % do PIB, cunha facturación que rolda os 2.500 M€
  • Afirmou que a Xunta seguirá apostando pola colaboración para avanzar na especialización tecnolóxica, adaptada ás necesidades específicas da Comunidade
Imagen del artículo A Xunta destaca a dixitalización e a suma de talento como elementos clave para afrontar os retos futuros do naval galego
Ferrol (A Coruña), 26 de xuño de 2024

O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, destacou hoxe a dixitalización e a suma de talento como elementos clave para afrontar os retos futuros do naval galego.

Durante a súa intervención na clausura da Xornada de Ciberseguridade no Sector Naval, Miguel Corgos recordou que este é un sector estratéxico para Galicia, que dá emprego a máis de 14.000 persoas e representa o 3,5 % do PIB, cunha facturación que rolda os 2.500 millóns de euros. "Sabédelo ben aquí en Ferrol", dixo, recordando que a comarca conta con empresas punteiras na industria auxiliar do naval; co estaleiro de Navantia, cuxo apoio da Administración galega permitiu o desenvolvemento de innovacións tecnolóxicas que están a ser utilizadas na construción das Fragatas F-110; e con Navantia Fene, que ostenta o liderado na fabricación de estruturas para a eólica mariña.

O conselleiro de Facenda e Administración Pública afirmou que a Xunta seguirá apostando pola colaboración para avanzar na especialización tecnolóxica, adaptada ás necesidades específicas da Comunidade: á súa xeografía, á súa poboación e tamén aos seus sectores económicos estratéxicos. "O noso obxectivo é poñer a tecnoloxía ao servizo do benestar das persoas, da súa seguridade e da xeración de riqueza", abundou.

Nesta liña, salientou que, no ámbito da ciberseguridade, esta aposta pola especialización e pola colaboración plásmase no Nodo Ciber.Gal, un espazo de intercambio de información e recursos que naceu en 2020 sobre as bases dos acordos que a Xunta xa tiña co Centro Criptolóxico Nacional e co Instituto Español de Ciberseguridade, e que hoxe conta con máis de medio centenar de institucións e grandes empresas, entre elas, as principais compañías de Galicia do téxtil, a alimentación ou as finanzas.

O conselleiro de Facenda e Administración Pública concluíu lembrando que esta especialización en ciberseguridade culmina co Centro de Excelencia en Ciberseguridade de Galicia, cuxa construción acaba de comezar en Ourense, onde se concentrarán servizos e recursos e contará con espazos a disposición das empresas.

Así mesmo, resaltou que Galicia é a primeira rexión comunitaria que vén de adaptar a normativa da Intelixencia Artificial europea co desenvolvemento dunha lei propia, que non tardará en ser validada no Consello da Xunta como paso previo á súa tramitación no Parlamento.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 26/06/2024
289046 {"title":"A Xunta destaca a dixitalización e a suma de talento como elementos clave para afrontar os retos futuros do naval galego","published_date":"2024-06-26","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/99852-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"289046"} galicia Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia; https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-26/289046-xunta-destaca-dixitalizacion-e-suma-talento-como-elementos-clave-afrontar-os-retos-futuros-do-naval-galego https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.