A Xunta subliña que Galicia é pioneira na implantación de medidas para o impulso da madeira en construción
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- O director da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Jacobo Aboal, participou nas Xornadas de Impulso da madeira maciza industrializada en edificación organizadas polo Ministerio de Vivienda y Agenda Urbana e Mass Madera
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Madrid, 26 de xuño de 2024
O director da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Jacobo Aboal, subliñou hoxe que Galicia é pioneira na implantación de medidas para fomentar o impulso da madeira en construción na Comunidade.
Jacobo Aboal, participou hoxe nas Xornadas de impulso da madeira maciza industrializada en edificación organizadas polo Ministerio de Vivienda y Agenda Urbana e Mass Madera onde remarcou o compromiso do Goberno galego ao tecido industrial ligado á madeira con axudas a este sector que este ano xa acadan os 10M€.
Neste senso, o director de Xera explicou as diferentes liñas de axudas da Xunta para fomentar a actividade do sector forestal-madeira. Achegas como as destinadas a impulsar proxectos e obras que empreguen produtos de madeira como elementos estruturais na construción; liñas para o fomento da dixitalización e a innovación nas pequenas e medianas empresas do sector; para investimentos en tecnoloxías forestais, procesamento, mobilización e comercialización de produtos; apoios destinados á valorización das pemes da primeira e segunda transformación e do segmento do contract ligadas á cadea monte-industria; ou as axudas para o fornecemento dun conxunto amplo e diverso de accións formativas orientadas a profesionais da industria forestal-madeira e a estudantes vencellados ao ámbito forestal-madeira.