A Xunta reforza o asesoramento, a dixitalización e a innovación nos negocios a través da súa colaboración coa Federación Galega de Comercio

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O director xeral de Comercio e Consumo visitou a sede da Federación Galega de Comercio en Lugo onde abordou co seu presidente distintos aspectos sobre o labor desta entidade e a colaboración co Goberno galego para poñer en valor este sector
  • O convenio asinado entre ambas partes inclúe consolidar unha oficina de asesoramento e formación para o mantemento dos comercios, o impulso de ferramentas como o E-Tícket Dixital e a Plataforma Ecommerce Online e diferentes iniciativas de dinamización e reactivación do consumo

Lugo, 25 de xuño de 2024

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, visitou recentemente en Lugo a sede da Federación Galega de Comercio onde estivo acompañado polo seu presidente, José María Seijas, e por traballadores da Federación cos que intercambiou impresións sobre a actividade e proxectos da Federación, así como sobre o convenio asinado entre a Xunta e esta entidade para avanzar na innovación, dixitalización e dinamización do comercio.

Alí Gabriel Alén manifestou a aposta do Goberno galego por asegurar o mantemento dos negocios como vertebradores do territorio, fundamentais para a xeración de riqueza e emprego e para a fixación de poboación na Galicia non urbana. Ademais fixo fincapé na importancia do convenio asinado entre Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e a Federación Galega de Comercio para avanzar nestes obxectivos.

Esta colaboración conta cun orzamento global de 690.000 euros e permitirá avanzar en comercios polo miúdo especializados, de calidade, fortalecidos e modernos, que promovan o consumo responsable cunha actividade sostible, co fin de garantir a súa competitividade e remuda xeracional.

Nesta liña, entre as cuestións abordadas por ambas partes sobre esta colaboración está a Oficina de orientación asesoramento e información ao comercio galego e de formación no asociacionismo, que se consolidará para prestar especial atención ao emprendemento, cualificación e mantemento da actividade.

Outra vía de colaboración no marco do convenio é asegurar o mantementoda Plataforma Dixital Centralizada E-tícket, dirixida a axilizar e mellorar a relación e o contacto coa clientela mediante a substitución do tícket tradicional en papel por un sistema dixital, moderno, fiable e máis sustentable. Tamén se afianzará a Plataforma de Ecommerce Online Comercio Galicia de venda polo miúdo, para avanzar na dixitalización dos negocios impulsando especialmente a venda a través da internet.

Neste encontro tamén se puxeron en valor as distintas campañas de promoción que se desenvolven e que tamén abarca o traballo conxunto do Goberno galego cos comerciantes. Entre elas Días Azuis, que se desenvolverá ata o 30 de xuño para incrementar as vendas no comercio polo miúdo.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
286915 {"title":"A Xunta reforza o asesoramento, a dixitalización e a innovación nos negocios a través da súa colaboración coa Federación Galega de Comercio","published_date":"2024-06-25","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1038216\/20240625+DXCC+en+federacion+galega+comercio.jpg","id":"286915"} galicia C. de Emprego, Comercio e Emigración https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-25/286915-xunta-reforza-asesoramento-dixitalizacion-e-innovacion-nos-negocios-traves-da-sua-colaboracion-coa-federacion-galega-comercio https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.