A Xunta destaca a importancia da Prevención de Riscos nos postos de traballo con carga física e avoga pola promoción de hábitos saudables nos espazos laborais

  • O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, participou hoxe na apertura dun webinario técnico organizado polo Issga

Santiago de Compostela, 25 de xuño de 2024

O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, participou hoxe na apertura do webinario Prevención de trastornos musculoesqueléticos en postos de traballo con carga física, organizado pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, a través do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga). A xornada técnica, que se celebrou en colaboración con McMutual, é a novena que organiza este ano o Issga no marco do seu Plan de actuación 2024 no que se inclúen diversas actuacións de investigación, difusión e sensibilización relacionadas cos trastornos musculoesqueléticos.

Ademais, ante a incidencia deste tipo de accidentes de traballo e enfermidades profesionais no tecido empresarial, na Estratexia de Seguridade e Saúde no Traballo de Galicia: Horizonte 2027 da Xunta, inclúense coma obxectivos estratéxicos o impulso de campañas para a prevención dos riscos ergonómicos co fin de evitar a aparición destes trastornos.

A xornada, en concreto, afondou na prevención dos trastornos musculoesqueléticos naqueles postos de traballo onde o compoñente da carga física está presente dunha forma significativa. A formación centrouse na identificación e avaliación dos factores de risco ergonómico, e na importancia de ter un posto de traballo ben deseñado e con unha axeitada organización do traballo.

Fernández salientou que o Issga leva a contribuír nos 10 últimos anos na ampliación da Rede Española de Empresas Saudables (RESS) e na súa planificación está previsto o desenvolvemento de estratexias para a promoción de hábitos saudables nas organizacións, así como para a prevención dos trastornos musculoesqueléticos.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
286850 {"title":"A Xunta destaca a importancia da Prevención de Riscos nos postos de traballo con carga física e avoga pola promoción de hábitos saudables nos espazos laborais","published_date":"2024-06-25","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"286850"} galicia C. de Emprego, Comercio e Emigración https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-25/286850-xunta-destaca-importancia-da-prevencion-riscos-nos-postos-traballo-carga-fisica-e-avoga-pola-promocion-habitos-saudables-nos-espazos-laborais https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.