A Xunta sinala a importancia da formación para o emprego axustada ás demandas das empresas para que o sector TIC siga a ser referente en Galicia

Imagen del artículo A Xunta sinala a importancia da formación para o emprego axustada ás demandas das empresas para que o sector TIC siga a ser referente en Galicia

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • A directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, Zeltia Lado, acompañada do director do Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG), visitou hoxe as instalacións na Coruña de NTT Data
  • Puxo en valor o convenio de colaboración co clúster TIC Galicia para impartir formación adaptada aos perfís que está a precisar o tecido produtivo
  • Destacou a programación formativa do CNTG que ofrece máis de 2.300 prazas e case 6.000 horas de cualificación especializada nas novas Tecnoloxías da Información e Comunicación
  • O sector TIC está composto por máis de 3.100 empresas en Galicia e dá emprego a preto de 23.000 persoas, cunha facturación global de case 3.700 millóns de euros, o que supón o 2,7% do noso PIB

A Coruña, 25 de xuño de 2024

A directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, Zeltia Lado, acompañado do director do Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG), Carlos Vázquez Mariño, visitou hoxe as instalacións na Coruña de NTT Data Galicia e mantivo unha xuntanza cos responsables da compañía na que explicaron os distintos proxectos que están a desenvolver na aposta polo modelo de traballo flexible.

Na reunión, entre outros temas, avaliaron a situación do sector TIC galego e as actuacións que no ámbito da formación para o emprego son precisas. Neste senso, a directora xeral recordou que a Xunta está a asinar convenios de colaboración cos principais clústeres galegos e entidades representativas de doce sectores estratéxicos para continuar a impulsar a formación axustada á demanda do tecido produtivo, adaptándoa ás transformacións de cada un deles. O obxectivo non é outro que o de promover unha oferta que dea resposta ás demandas de competencias nun mercado laboral incurso en procesos de transformación dixital e de innovación como é o sector das TIC.

No marco desta actuación, co Clúster das TIC asinouse un convenio por 1 millón de euros para a realización dun cento de cursos no que participaron arredor de 2.400 persoas.

Para o sector TIC galego, ademais, tanto para traballadores como para persoas desempregadas interesadas neste eido, o Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG), dependente da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, conta cunha programación formativa moi ampla.  Así, entre setembro de 2023 e decembro de 2024 incluíu na súa planificación a impartición dun total de 115 cursos (50 en modalidade presencial, 48 en modalidade virtual, 9 en modalidade de teleformación e 8 en modalidade híbrida) cunha oferta de 2.308 prazas e 5.877 horas de formación. Tamén 102 seminarios técnicos.

No presente mes de xuño, ademais dos cursos en desenvolvemento, están previstos 12 seminarios técnicos sobre temáticas como a introdución á nube para desenvolvedores de aplicacións ou administradores de sistemas, blockchain, intelixencia artificial, métricas no desenvolvemento de aplicacións, dixitalización e competitividade para pemes, técnicas avanzadas de desenvolvemento e posta en funcionamento de ditas aplicacións, etc.

Centro referente formativo

O Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia confírmase así como referente formativo para o sector TIC, un ámbito composto por máis de 3.100 empresas na comunidade autónoma galega (o que supón a quinta posición no Estado, só por detrás de Madrid, Cataluña, Andalucía e a Comunidade Valenciana) e dá emprego a preto de 23.000 persoas, cunha facturación global de case 3.700 millóns de euros, o que supón o 2,7% do noso PIB.

Os orzamentos da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración para 2024 destinan un total de 117 millóns para o Plan galego de formación para o emprego, que crece case un 13% respecto de 2023.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
286845 {"title":"A Xunta sinala a importancia da formación para o emprego axustada ás demandas das empresas para que o sector TIC siga a ser referente en Galicia","published_date":"2024-06-25","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1038216\/pexels-canvastudio-3277808.jpg","id":"286845"} galicia C. de Emprego, Comercio e Emigración https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-25/286845-xunta-sinala-importancia-da-formacion-emprego-axustada-as-demandas-das-empresas-sector-tic-siga-ser-referente-galicia https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.