A Xunta destaca o valor dos Polos de emprendemento como o de Friol para impulsar proxectos innovadores e colaboracións a prol do desenvolvemento do rural

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, participou hoxe no evento Potenciando o sector agroalimentario, organizado por este polo en colaboración co GDR-4 Comarca de Lugo e Traloagro
  • Destacou que o Polo de Friol leva atendidos 150 proxectos e realizou máis de 400 titorías e arredor de 35 actividades e fixo fincapé na importancia da colaboración entre os distintos axentes do territorio para favorecer o progreso do rural
  • O fin desta actividade é intercambiar experiencias e facer networking para detectar necesidades e oportunidades e impulsar posibles colaboracións entre os participantes coas que potenciar o territorio

Friol (Lugo), 25 de xuño de 2024

A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, salientou hoxe o valor dos Polos de emprendemento como o de Friol para impulsar proxectos innovadores e colaboracións a prol do desenvolvemento socioeconómico do rural. Así o sinalou durante o evento Potenciando o sector agroalimentario, organizado por este polo en colaboración co GDR-4 Comarca de Lugo e Traloagro e onde tamén destacou que o Polo de Friol leva atendidos 150 proxectos e realizou máis de 400 titorías e arredor de 35 actividades.  

Ademais, Marta Mariño, fixo fincapé na importancia de establecer colaboracións entre os distintos axentes do territorio para impulsar accións que aporten valor engadido ao rural e que favorezan a súa sustentabilidade e progreso. Nesta liña, sinalou que a maioría dos proxectos do Polo de Friol son de actividades profesionais científicas e técnicas (21%) seguido da hostalaría (14%) e a agricultura, gandería, silvicultura e pesca (9%).

Neste sentido, sinalou que actividades coma a que acolle o Polo de Friol son de gran valor para promover esas sinerxías entre distintas iniciativas e axentes do territorio. De feito, a actividade de hoxe será totalmente participativa, constará de dúas partes e incidirase nas vantaxes da cooperación. O obxectivo é intercambiar experiencias e facer networking para detectar necesidades e oportunidades e impulsar posibles colaboracións entre os participantes coas que potenciar o territorio.

Con ese fin, na primeira parte as empresas referentes convidadas compartirán a súa historia facendo referencia aos beneficios das sinerxías con outros produtores ou axentes do territorio. Unha delas é Traloagro, que é unha iniciativa de gandaría ecolóxica certificada de bovino, porcino e avícola e nesta actividade está representada por Isabel Gómez, a creadora e xerente.

Outro proxecto é Cosmética Muuhlloa, froito da unión da cooperativa Milhulloa e de Granxa Maruxa, ambas na comarca da Ulloa, para dar un novo valor á súa produción ecolóxica (prantas medicinais e leite) coa fabricación de produtos cosméticos. As cinco mulleres que forman parte dela estarán representadas nesta actividade por María Álvarez.  A terceira empresa referente que participa nesta parte do evento é Atelier Bisqato, unha queixería artesanal a partir de leite ecolóxico de proximidade e que será explicada hoxe polos seus propietarios María Veiga e Miguel Garea.

Na segunda parte da actividade presentaranse o resto de participantes pertencentes a outros proxectos, compartindo o que fan ou desexan facer, os seus obxectivos ou os seus retos.

Ademais do Polo de Friol, a provincia de Lugo conta cos Polos da Fonsagrada, Mondoñedo, Monforte de Lemos e Sarria. No conxunto destes polos da provincia atendéronse preto de 480 proxectos, a maioría relacionados coa hostalaría (23%) seguido da agricultura, gandería, silvicultura e pesca (12%) e do comercio (11%). Nel lévanse realizado un total de 1.300 titorías e máis de 180 actividades entre reunións con entidades do territorio, accións de formación e eventos da Rede.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
286767 {"title":"A Xunta destaca o valor dos Polos de emprendemento como o de Friol para impulsar proxectos innovadores e colaboracións a prol do desenvolvemento do rural","published_date":"2024-06-25","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1038216\/20240625+DXTAES+actividade+polo+Friol.jpeg","id":"286767"} galicia C. de Emprego, Comercio e Emigración https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-25/286767-xunta-destaca-valor-dos-polos-emprendemento-como-friol-impulsar-proxectos-innovadores-e-colaboracions-prol-do-desenvolvemento-do-rural https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.