Manuel Pardo destaca o aumento de prazas no programa 'Benestar en Balnearios' da Xunta na provincia de Ourense

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O delegado territorial puxo en valor a colaboración da Consellería de Política Social e Igualdade co turismo, co obxectivo de posicionar Galicia como destino termal ademais de destino turístico
  • Manuel Pardo sinalou a importancia dos recursos naturais e culturais da provincia de Ourense, que camiñan a carón da sustentabilidade como criterio para alcanzar unha mellor calidade de vida
  • O programa 'Benestar en Balnearios' vai dirixido a persoas maiores de 60 anos ou maior de 55 anos en condición de pensionista
  • Manuel Pardo informou que o prazo de inscrición está aberto do 18 de xuño ao 17 de xullo de forma online na sede electrónica da Xunta de Galicia ou presencial en calquera rexistro oficial, así como en calquera outro rexistro administrativo ou oficina de Correos

Ourense,  de xuño de 2024

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, desprazouse esta mañá ao concello de Cenlle para visitar, da man da súa alcaldesa, Rebeca Sotelo,  o Hotel Balneario Laias Caldaria, un dos catro establecementos beneficiarios da 10ª edición do programa Benestar en Balnearios que contan coa financiación da Xunta do 45% de estadías de 10 días en réxime de pensión completa dende xullo ata decembro de 2024 para persoas da nosa comunidade maiores de 60 anos.

O programa tamén inclúe, na provincia de Ourense, os balnearios Arnoia Caldaria Hotel, no concello de A Arnoia; Lobios Caldaria, con aloxamento no Hotel Lusitano, no concello de Lobios e o Gran Balneario do Carballiño, con aloxamento na Residencia de Tempo Libre do Carballiño.

O delegado territorial lembrou que dende o pasado día 18 está aberto o prazo de presentación de solicitudes para o programa 'Benestar en Balnearios' ata o día 17 de xullo, que deberán facer os interesados preferentemente por medios electrónicos a través do formulario dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. De maneira opcional, tamén poderanse presentar por rexistro.

Manuel Pardo destacou que a Xunta de Galicia concederá "máis prazas ca nunca e novas estadías nos meses de xullo, agosto e setembro para desfrutar dunha experiencia única de saúde, descanso e lecer", e puxo en valor a colaboración da Consellería de Política Social e Igualdade co turismo, co obxectivo de posicionar Galicia como destino termal ademais de destino turístico.

O delegado territorial sinalou a importancia dos recursos naturais e culturais da provincia de Ourense,  que camiñan a carón da sustentabilidade como criterio para alcanzar unha mellor calidade de vida, e a recuperación e preservación dos recursos naturais contribúen  de xeito importante ao desenvolvemento socioeconómico do territorio.

O representante do Goberno galego recordou que a Xunta procura dar resposta ás novas necesidades e preferencias das persoas maiores que desexan vivir unha xubilación chea de actividades. Neste sentido, sinalou que a Xunta conta con aulas sénior e con convenios coas tres universidades para aquelas persoas que queiran seguirse formando; e tamén se impulsou este ano o Carné +65, que permite ofrecer descontos, vantaxes e viaxes para desfrutar desta nova etapa.

Reunión coa alcaldesa de Cenlle

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, aproveitou a súa estadía na contorna para manter un encontro coa alcaldesa de Cenlle, Rebeca Sotelo, e coñecer de primeira man as necesidades do municipio.

Manuel Pardo trasladoulle "o compromiso da Xunta de acometer os investimentos necesarios e traballar de forma conxunta para garantir o benestar de todos os veciños do concello".

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
284903 {"title":"Manuel Pardo destaca o aumento de prazas no programa 'Benestar en Balnearios' da Xunta na provincia de Ourense","published_date":"2024-06-24","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1150822\/240624+Visita+a+Laias+Caldaria+1.JPG","id":"284903"} galicia C. de Política Social e Igualdade https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-24/284903-manuel-pardo-destaca-aumento-prazas-programa-benestar-balnearios-da-xunta-na-provincia-ourense https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.