A campaña da Xunta 'Veráns de Lecer Consumo' comeza hoxe con máis de 200 actividades para rapaces de 3 a 18 anos en 60 concellos galegos

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, visitou, xunto coa xerente do IGCC, Sol Vázquez, unha destas actuacións no Colexio Rural Agrupado (CRA) de Teo coa que se busca concienciar dun xeito lúdico sobre o consumo responsable
  • Alén destacou a importancia de educar en consumo para acadar unha sociedade formada por consumidores conscientes, solidarios e responsables, comprometidos coa súa contorna e coñecedores dos seus dereitos para defendelos

Teo (A Coruña), 24 de xuño de 2024

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, acompañada da xerente do Instituto Galego de Consumo e da Competencia ((IGCC), Sol Vázquez, visitou hoxe a actividade Xogueteando: Un lecer diferente que organiza a ANPA A Cantoñeira no Colexio Rural Agrupado (CRA) de Teo no marco da campaña autonómica Veráns Lecer Consumo, que arranca hoxe e ata o vindeiro 2 de agosto con máis de 200 actividades programadas en máis de 60 concellos para concienciar ás rapazas e rapaces de entre 3 e 18 anos dun xeito lúdico sobre a importancia do consumo responsable e sustentable.

Trátase dun programa de carácter gratuíto que está a disposición de todos os concellos de Galicia co obxectivo, en palabras do director xeral, de ocupar o tempo libre do verán dos rapazas e rapaces dun xeito lúdico e ao mesmo tempo instrutivo. Así, a través do concepto de lecer responsable, trabállanse diversas temáticas relacionadas co consumo responsable sustentable.

A iniciativa, deste modo, está composta por diversas actividades relacionadas cos dereitos das persoas consumidoras e usuarias, o consumo intelixente, a publicidade ou o uso das novas tecnoloxías. Cada actuación, que ten unha duración dunha hora cada unha,  estará adaptada en función das distintas idades dos rapazas e rapaces e das diferentes persoas ás que vaia dirixida.

Xogueteando: Un lecer diferente, que tivo lugar hoxe en Teo, estivo destinada a nenos de entre 3 e 6 anos, e consistiu na narración dun conto baseado no consumo responsable e na idea principal de que non é preciso empregar moitos xoguetes para gozar do lecer, propoñendo outras alternativas. A continuación os nenos e nenas tiveron que crear o seu propio xoguete relacionado co relato.

Complementan a oferta de Lecer Consumo, que se vai a desenvolver nos diferentes concellos, A Xincana do Consumo Responsable, dirixida a nenos e  nenas de 7 a 12 anos; O Mercadoiro, un mercado con produtos cotiás para a rapazada de entre 13 e 14 anos; e A Fábrica dos Contidos, un reto de deseño de produto innovador e a súa publicidade para a mocidade de entre 15 a 17 anos.

Gabriel Alén, así mesmo, indicou que a iniciativa Veráns de Lecer Consumo complementa o conxunto de actividades formativas e divulgativas postas a disposición da cidadanía pola Xunta de Galicia, a través do Instituto Galego do Consumo e da Competencia (IGCC), que no pasado ano chegou a máis de 20.000 persoas.

A Xunta de Galicia considera que a educación en materia de consumo permite reducir os riscos de vulnerabilidade das persoas consumidoras e de acadar unha sociedade formada por consumidores conscientes, solidarios e responsables, comprometidos coa súa contorna, coñecedores dos seus dereitos e activos para defendelos.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
284862 {"title":"A campaña da Xunta 'Veráns de Lecer Consumo' comeza hoxe con máis de 200 actividades para rapaces de 3 a 18 anos en 60 concellos galegos","published_date":"2024-06-24","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1150822\/20240624_DXCC+Lecer+consumo_1.jpg","id":"284862"} galicia C. de Emprego, Comercio e Emigración https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-24/284862-campana-da-xunta-verans-lecer-consumo-comeza-hoxe-mais-200-actividades-rapaces-3-18-anos-60-concellos-galegos https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.