A Xunta eleva ata os case 8,8 M€ o orzamento do programa 'Aprol Rural' para poder contratar preto de 550 persoas na Galicia non urbana

  • O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a ampliación presupostaria da iniciativa da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración destinada a promover o emprego relacionado maioritariamente con tarefas de prevención de incendios forestais
  • Trátase dun incremento orzamentario de case un 25% que redundará nun aumento de case un 9% no número de contratacións en concellos da Galicia non urbana

Santiago de Compostela, 24 de xuño de 2024

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a orde pola que se amplía a dotación orzamentaria do programa para o fomento do emprego no medio rural ata os case 8,8 millóns de euros, posibilitando así a contratación dun total de 531 persoas en preto de 300 concellos de Galicia.

 O programa Aprol Rural está dirixido a que concellos rurais, ben de maneira individual ou conxunta, promovan a contratación de traballadores para a realización de tarefas relacionadas maioritariamente coa prevención de incendios forestais nas faixas secundarias. En concreto, contémplase a planificación preventiva, a valorización forestal, a silvicultura, a limpeza de montes ou a xestión da biomasa.

A efectos de seren beneficiarios, esta orde considera concellos rurais todos os galegos, agás os seguintes: Cambre, A Coruña, Culleredo, Ferrol, Narón, Oleiros, Santiago de Compostela, Lugo, Barbadás, Ourense, Poio, Pontevedra e Vigo.

Con carácter xeral outórgase a subvención para un contrato nos concellos, aínda que as prazas con apoio poden chegar a catro atendendo a que a solicitude a realicen entidades fusionadas ou municipios emprendedores.

As achegas dan cobertura aos custos salariais totais das persoas incorporadas, incluída a cotización empresarial á Seguridade Social por todos os conceptos na mesma cantidade que a fixada para o salario segundo o convenio colectivo vixente no momento de formular a solicitude, por cada persoa traballadora desempregada contratada cuns máximos establecidos en función dos grupos de cotización á Seguridade Social que correspondan á categoría profesional dos traballadores e traballadoras a contratar.

Ligazón á orde no DOG:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240624/AnuncioG0767-190624-0001_gl.html

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
284763 {"title":"A Xunta eleva ata os case 8,8 M€ o orzamento do programa 'Aprol Rural' para poder contratar preto de 550 persoas na Galicia non urbana","published_date":"2024-06-24","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"284763"} galicia C. de Emprego, Comercio e Emigración https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-24/284763-xunta-eleva-ata-os-case-8-8-m-orzamento-do-programa-aprol-rural-poder-contratar-preto-550-persoas-na-galicia-non-urbana https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.