Ana Ortiz presenta a nova campaña de dinamización "O comercio de barrio ten cor" no mercado de Teis
![Imagen del artículo Ana Ortiz presenta a nova campaña de dinamización O comercio de barrio ten cor no mercado de Teis](https://www.xunta.gal/documents/35297/1150822/_DSC7157.jpg)
Estas imágenes pertenecen a xunta.gal
Vigo, 24 de xuño de 2024
A delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, visitou este luns o Mercado de Teis para presentar unha nova acción divulgativa destinada á dinamización do comercio local. A representante autonómica fixo un percorrido pola praza viguesa xunto ao xerente, Roberto Giráldez, con motivo da posta en marcha da campaña "O comercio de barrio ten cor" coa que o mercado sorterará máis de 600 premios por calquera compra nos establecementos asociados.