A Xunta abriu as propostas económicas para a construción de 104 vivendas de promoción pública en San Paio de Navia, licitadas por preto de 22 M€
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- A mesa de contratación coñeceu as ofertas económicas para a construción de tres grupos de 46, 40 e 18 vivendas
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Santiago de Compostela 21 de xuño de 2024
A Xunta de Galicia continúa avanzando na tramitación dos contratos para a construción de 104 vivendas de promoción pública no polígono 1 da ampliación de San Paio de Navia, en Vigo.
Con tal motivo, a mesa de contratación reuniuse para a apertura das proposicións económicas presentadas polas empresas que presentaron as súas ofertas para a construción de tres grupos de 46, 40 e 18 vivendas respectivamente.
A mesa abriu as tres propostas económicas presentadas para a construción de 46 vivendas de promoción pública na parcela M-IVB-25 de San Paio de Navia, obra que foi licitada por importe de 9.708.910 euros.
Ademais abriu as catro propostas económicas para a construción de 40 vivendas de promoción pública na parcela M-IVB-21, licitadas por importe de 8.595.902 euros.
Finalmente, abriu as tres propostas económicas para a construción de 18 vivendas de promoción pública na parcelas M.IVA-9, licitadas por importe de 3.691.253 euros.
A comezos de xuño xa se abriron as propostas económicas para a construción doutros dous grupos, cun total de 59 vivendas de promoción pública, que se licitaron por importe de 11,3 millóns de euros.