A Xunta incide en Bruxelas na súa aposta pola flexibilización da formación para o emprego e polo uso da IA para casar oferta e demanda no mercado laboral

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • Na reunión -na que tamén estivo o secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais- a representante comunitaria confirmou que ambas liñas de actuación coinciden co que se está a potenciar no seo da Unión Europea
  • Na xuntanza tamén se falou da tendencia positiva do mercado laboral, constatada na nosa Comunidade con datos como o mínimo histórico de paro acadado en maio
  • Tamén porque Galicia supera o ritmo de crecemento medio europeo para os sectores TIC e as actividades científico-técnicas e administrativas, e porque temos unha das menores diferenzas entre taxas de emprego feminino e masculino de Europa
Imagen del artículo A Xunta incide en Bruxelas na súa aposta pola flexibilización da formación para o emprego e polo uso da IA para casar oferta e demanda no mercado laboral
Bruxelas, 22 de xuño de 2024

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, acompañado polo secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, reuniuse esta semana en Bruxelas coa xefa da Unidade para España e Malta da Dirección Xeral de Emprego, Asuntos Sociais e Inclusión da Unión Europea, María Iglesia. Un encontro no que constataron que a aposta da Xunta pola flexibilización da formación para o emprego e polo uso da intelixencia artificial para casar oferta e demanda laboral coincide co que se está a potenciar no seo da Unión Europea.  

Así, primeiramente, os representantes autonómicos comprobaron que a ferramenta EMi de intelixencia artificial aplicada nas 54 oficinas de emprego galegas está aliñada coas políticas que se están a preparar no marco da Rede Eures (European Employment Services). Na xuntanza, o conselleiro e o secretario xeral explicaron que xusto se vén de intensificar o perfilado competencial no marco desta ferramenta tecnolóxica co obxecto de beneficiar máis de 70.000 persoas desempregadas ata setembro de 2025 para extraer datos en tempo real e dar cobertura ás arredor de 15.000 vacantes existentes en Galicia.

Na mesma dirección de incrementar as posibilidades da cidadanía de atopar un traballo, todos coincidiron en que cómpre darlle un pulo ás microformacións dentro da formación para o emprego, por ser máis flexibles e fáciles de adaptar ás necesidades do mercado laboral. Unhas formacións de curta duración que xa se están a implementar en Galicia e que se van potenciar en Europa.

A maiores, no encontro avogaron por impulsar iniciativas innovadoras no rural co gallo de vertebrar o territorio e fixar poboación atraendo novos emprendedores e traballadores.

Tendencia positiva do mercado laboral

Na xuntanza tamén se falou da tendencia positiva do mercado laboral, que en Galicia se constata cos mínimos históricos de paro rexistrados no pasado mes de maio. Nese senso, tamén analizaron algúns dos datos máis relevantes para a nosa Comunidade recollidos pola Fundación Galicia Europa -tamén presente no encontro- ao respecto do 9º Informe de Cohesión, o documento no que a Comisión Europea avalía cada tres anos a situación da cohesión económica, social e territorial da UE, e que serve de base para o actual debate sobre a futura política rexional.

Este informe sinala -entre outros aspectos- que Galicia se caracteriza por un ritmo de crecemento económico alto nos últimos 20 anos, máis acelerado que o español e europeo. Dentro desa tendencia, o mercado laboral galego supera o ritmo de crecemento medio europeo para os sectores TIC e as actividades científico-técnicas e administrativas. Ademais, Galicia presenta unha das menores diferenzas entre as taxas de emprego feminino e masculino de Europa.

Cómpre engadir que no encontro tamén se abordou o Fondo Social Europeo, o principal instrumento co que Europa apoia a creación de emprego, axuda as persoas a conseguir mellores postos de traballo e garante oportunidades laborais máis xustas para a cidadanía da UE. Uns fondos que, en opinión da representante comunitaria, se están executando de xeito satisfactorio en Galicia.

Rexión Emprendedora Europea 2025

A reunión coincidiu coa recollida por parte do conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración -en representación da Xunta- do premio a Galicia como Rexión Emprendedora Europea 2025, que recoñece a aposta autonómica por desenvolver o potencial das nosas catro provincias a través de actividades empresariais que contribúan a fixar poboación.

En concreto, viuse recoñecida a proposta O rural como espazo competitivo para emprender, que persegue visibilizar a Galicia non urbana como un territorio cheo de oportunidades, tanto para os residentes, como para os galegos retornados ou os que elixen a nosa terra para establecerse. A Estratexia Galicia Rexión Emprendedora Europea 2025 enmárcase no Plan Estratéxico de Galicia 2022-2030 da Xunta, que define unha folla de ruta específica para avanzar no reto demográfico, nunha Galicia verde e sustentable, na competitividade e o crecemento e na cohesión social e territorial.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 22/06/2024
282249 {"title":"A Xunta incide en Bruxelas na súa aposta pola flexibilización da formación para o emprego e polo uso da IA para casar oferta e demanda no mercado laboral","published_date":"2024-06-22","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1150816\/20240622+Emprego+Bruxelas.JPG","id":"282249"} galicia C. de Emprego, Comercio e Emigración https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta a Professional para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Professional en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un grupo de trabajo. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propio grupo de trabajo. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-22/282249-xunta-incide-bruxelas-na-sua-aposta-pola-flexibilizacion-da-formacion-emprego-e-polo-uso-da-ia-casar-oferta-e-demanda-mercado-laboral https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.