A Xunta apela na Coruña ao potencial das novas xeracións para nutrir o emprendemento e o mercado laboral do futuro

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • José González clausurou o acto de apadriñamento e entrega de diplomas ás promocións dos mestrados en Contabilidade Superior e Auditoría de Contas e en Banca e Finanzas do curso 2023-2024 da Universidade da Coruña (UDC)
  • Puxo en valor a colaboración coa UDC para promover o espírito emprendedor e innovador na comunidade universitaria, así como a Rede de polos de emprendemento que xa leva atendido máis de 2.000 proxectos en toda Galicia
  • Tamén iniciativas a prol da xuventude como o programa de 1ª experiencia profesional, con prazo de solicitude aberto e que prevé incorporar entre 250 e 410 persoas mediante contratos de formación e a cualificación en competencias brandas

A Coruña, 21 de xuño de 2024

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, clausurou esta tarde o acto de apadriñamento e entrega de diplomas ás promocións dos mestrados en Contabilidade Superior e Auditoría de Contas e en Banca e Finanzas do curso 2023-2024 da Universidade da Coruña (UDC). Alí, puxo en valor a colaboración coa UDC para promover o espírito emprendedor na comunidade universitaria, así como iniciativas a prol da xuventude como o programa de 1ª experiencia profesional.

Na súa intervención, o conselleiro puxo de relevo que as novas xeracións están chamadas a escribir o noso futuro, que agarda que estea "cheo de oportunidades, de progreso e de crecemento". Avogou por que o alumnado que hoxe recolle os seus diplomas -parte deles beneficiarios das Bolsas de Excelencia Mocidade Exterior (BEME) que concede a Xunta- siga desenvolvendo as súas capacidades e aptitudes no mundo do emprendemento ou no mercado laboral, tomando como base o traballo en equipo e a escoita activa para lograr "avanzar e acertar nos diferentes cometidos".

Esa é a filosofía, dixo, que rexe a colaboración que a Xunta vén mantendo coa Universidade da Coruña para promover o espírito emprendedor e innovador na comunidade universitaria, a través de actividades de mentoring, congresos específicos, aceleradoras de proxectos ou -este ano como novidade- feiras de emprendemento e premios ao emprendemento universitario.

A aposta da Xunta de Galicia polo emprendemento como xerador de riqueza e emprego é clara, destacou José González, e boa mostra é que onte mesmo recollía en Bruxelas, en nome do Goberno galego, o premio á Rexión Emprendedora Europea 2025. Así, viuse recoñecida a proposta autonómica para desenvolver actividades empresariais e, en consecuencia, proxectos de vida que contribúan a fixar poboación nas catro provincias.

Compromiso da Xunta

Para toda persoa moza que queira emprender, o titular de Emprego lembrou ferramentas dispoñibles como a Rede de polos de emprendemento, con 13 centros activos que teñen atendido máis de 2.000 iniciativas. Por sectores, predominan os servizos, seguidos da hostalaría e de actividades de comercio. En total, realizáronse máis de 5.600 titorías, preto de medio milleiro de reunións con entidades do territorio e case 250 accións entre formacións e eventos.

Tamén aludiu a programas específicos para a xuventude como o de 1ª experiencia profesional, co que se prevé incorporar entre 250 e 410 persoas en toda Galicia, ás que se lles ofrece a oportunidade de acceder a contratos de formación e de recibir cualificación en competencias brandas. Demostrando que Galicia cumpre, haberá case 4,2 millóns de euros en axudas para a contratación de mozas e mozos tanto con titulación como sen cualificación acreditable, a tempo completo e por un período de doce meses. O prazo de solicitude está aberto ata o 30 de setembro.

O conselleiro tamén se referiu e medidas como a ferramenta EMi de intelixencia artificial que se vén de reforzar nas oficinas de emprego e que permitirá que máis de 70.000 persoas se beneficien do perfilado competencial que busca mellorar o encaixe das persoas demandantes nas arredor de 15.000 vacantes laborais existentes en Galicia.   

Potenciando medidas coma estas e implementando outras novas, concluíu González, o obxectivo do Goberno autonómico é firme: acompañar e apoiar os emprendedores, as empresas que xeran emprego de calidade e as persoas traballadoras para seguir facendo crecer Galicia, incluídas as novas xeracións que hoxe rematan formación para comezar outra etapa vital máis importante se cabe.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
281264 {"title":"A Xunta apela na Coruña ao potencial das novas xeracións para nutrir o emprendemento e o mercado laboral do futuro","published_date":"2024-06-21","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1150813\/20240621_Gonzalez_mestrados+UDC+1.jpg","id":"281264"} galicia C. de Emprego, Comercio e Emigración https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-21/281264-xunta-apela-na-coruna-ao-potencial-das-novas-xeracions-nutrir-emprendemento-e-mercado-laboral-do-futuro https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.