O prazo de solicitude das axudas para a innovación e dinamización dos centros comerciais abertos galegos remata o vindeiro luns 24 de xuño

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, participou hoxe no inicio da campaña Come, Merca, Ama O Grove que ata o 5 de xullo desenvolve a Asociación de Empresarios Grovenses de Bens e Servizos (Emgrobes) co apoio da Xunta
  • Os apoios aos centros comerciais abertos complementaranse con outra nova convocatoria -no segundo semestre do ano- para financiar iniciativas dinamizadoras dos centros comerciais abertos, co obxectivo de reforzar este sector, garantir a súa remuda e xerar puntos de atracción comercial
  • As dúas iniciativas entroncan no compromiso de impulsar a competitividade do tecido comercial galego, asegurando a viabilidade e renovación xeracional dun sector chave no desenvolvemento de Galicia

O Grove (Pontevedra), 21 de xuño de 2024

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, participou hoxe no arranque da campaña Come, Merca, Ama O Grove que ata o vindeiro 5 de xullo desenvolve a Asociación de Empresarios Grovenses de Bens e Servizos - Emgrobes co apoio autonómico  para incentivar o consumo nos establecementos asociados adheridos, ofrecendo a posibilidade de acadar importantes premios.

Alén puxo en valor o traballo deste colectivo e, en xeral, dos Centros Comerciais Abertos de Galicia que a Xunta está a impulsar cun programa de axudas enmarcado no compromiso do Goberno galego coa revitalización do comercio local como elemento esencial do desenvolvemento económico e social das vilas e cidades galegas. De feito, Emgrobes recibiu nos últimos oito anos, entre 2016 e 2023, axudas desta convocatoria para a dinamización dos centros comerciais abertos (o exercicio pasado o financiamento foi de preto de 45.000 euros) e doutros programas de Comercio que en global sumaron preto de 352.000 euros.

Alén referiuse na súa intervención ás axudas específicas para os centros comerciais abertos dese ano 2024, que se poden solicitar ata o vindeiro luns 24 de xuño, e están dotadas con 2,25 millóns de euros. As achegas máximas poderán alcanzar os 52.000 euros e destinarse a actuacións de dinamización comercial, fidelización de clientela, dixitalización ou para o mantemento da unidade xerencial.

Grazas á aportación autonómica da Xunta, os beneficiarios, en palabras do director xeral, teñen a oportunidade de financiar gastos derivados de campañas de dinamización, feiras de oportunidades ou eventos de promoción comercial. Tamén descontos de aparcamentos vencellados coas vendas, envíos en liña, mantemento de marketplaces, ou de desenvolvemento de apps de fidelización.

Estas axudas teñen como potenciais beneficiarias asociacións de comerciantes de carácter territorial e sen ánimo de lucro que, legalmente constituídas, desenvolvan proxectos de interese para revitalizar a actividade comercial nas súas localidades. Tanto no caso das sete grandes cidades como do resto dos concellos, estes centros deben contar cunha xestión profesionalizada, delimitación territorial definida, diversidade de oferta comercial e, como mínimo, representar 50 negocios retallistas.

Cómpre engadir que na convocatoria deste 2024 se ofrece un tratamento diferenciado aos centros situados nas sete grandes cidades de Galicia e aos do resto de concellos. Búscase así dar unha mellor resposta ás necesidades de cada un dos dous grupos, buscando o fortalecemento da oferta destas entidades comerciais para que sexan foco referente de atracción económica.

Convocatoria novidosa

No marco da aposta da Xunta polos centros comerciais abertos de Galicia, esta orde complementarase, por primeira vez, cunha convocatoria que se lanzará no segundo semestre do ano para financiar proxectores tractores de dinamización destas entidades que favorezan a innovación e a competitividade do comercio local.

A finalidade desta segunda orde, de carácter novidoso, será a de contribuír ao impulso da modernización do sector comercial galego co gallo de reforzar a economía local. Deste xeito, e dentro da aposta por un sector absolutamente estratéxico, a Xunta seleccionará e financiará iniciativas propostas polos propios centros comerciais abertos, para que poidan afondar na diferenciación dos seus produtos e servizos, e se confirmen como axentes primordiais da xeración de riqueza e emprego, ao tempo que se lle dá pulo ao territorio e se fixa poboación, contribuíndo á revitalización dun sector chave no desenvolvemento das vilas e cidades galegas.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
280831 {"title":"O prazo de solicitude das axudas para a innovación e dinamización dos centros comerciais abertos galegos remata o vindeiro luns 24 de xuño","published_date":"2024-06-21","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1150813\/20240621+DXCC+Emgrobes.jpeg","id":"280831"} galicia C. de Emprego, Comercio e Emigración https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-21/280831-prazo-solicitude-das-axudas-innovacion-e-dinamizacion-dos-centros-comerciais-abertos-galegos-remata-vindeiro-luns-24-xuno https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.