A Xunta apoia a nova asociación 'Dano Cerebral Galicia' nas súas demandas para mellorar a calidade de vida das persoas con esta discapacidade e das súas familias

Imagen del artículo A Xunta apoia a nova asociación 'Dano Cerebral Galicia' nas súas demandas para mellorar a calidade de vida das persoas con esta discapacidade e das súas familias

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, e a directora xeral de Promoción da Igualdade, María Quintiana, apoiaron hoxe a entidade na sede da Valedora do Pobo, onde presentaron as súas demandas para esta lexislatura

Santiago de Compostela, 21 de xuño de 2024

A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, e a directora xeral de Promoción da Igualdade, María Quintiana, apoiaron hoxe o movemento asociativo do dano cerebral adquirido en Galicia, que acudiu á sede da Valedora do Pobo para presentar as súas demandas para a lexislatura 2024-2028. O acto tamén serviu para dar a coñecer a marca común Dano Cerebral Galicia que desde agora agrupará a todas as entidades relacionadas coa mellora da calidade de vida das persoas con esta discapacidade e das súas familias. 

Este ano, a Consellería de Política Social e Igualdade destina 96 millóns de euros ao concerto social anual co que financia acordos coas entidades relacionadas coa discapacidade para mellorar e achegar á contorna das súas persoas usuarias os servizos e a atención que necesitan.

Así mesmo, a finais do pasado maio, o Consello da Xunta deu luz verde a senllos convenios con Down Galicia, Autismo Galicia e Dano Cerebral Galicia por un importe total de 1,7 millóns de euros. A través destes acordos, estímase que se prestará atención a unhas 6.500 persoas. Como é habitual neste tipo de convenios, a Xunta adianta o 80% da contía da achega para que as entidades conten desde o primeiro momento coa liquidez suficiente para seguir prestando o seu labor e desenvolvendo os seus programas de atención.

Pola súa banda, a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración leva convocado este ano case 39 millóns de euros en axudas para apoiar a creación e consolidación de entidades da economía social e para impulsar o emprego inclusivo. Entre elas, a orde por 25,75 millóns de euros para favorecer a integración laboral das persoas con discapacidade nos centros especiais de emprego de Galicia.

Cómpre engadir que está vixente a segunda Estratexia da Economía Social Horizonte 2027 coa que se aspira a impulsar a cohesión social e do territorio, xerando emprego inclusivo, igualitario e solidario.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
280482 {"title":"A Xunta apoia a nova asociación 'Dano Cerebral Galicia' nas súas demandas para mellorar a calidade de vida das persoas con esta discapacidade e das súas familias","published_date":"2024-06-21","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1150813\/20240621+Dano+Cerebral+Valedora+do+Pobo.jpg","id":"280482"} galicia C. de Emprego, Comercio e Emigración https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-21/280482-xunta-apoia-nova-asociacion-dano-cerebral-galicia-nas-suas-demandas-mellorar-calidade-vida-das-persoas-discapacidade-e-das-suas-familias https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.