Galicia e as rexións europeas amosan o seu compromiso con zonas rurais máis dinámicas e atractivas

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE participou no pleno do Comité Europeo das Rexións, no que os membros se sumaron ao diálogo sobre o futuro da agricultura na UE
  • Galicia recibiu o premio á Rexión Europea Emprendedora 2025 pola súa capacidade de promover unha estratexia empresarial innovadora e de loitar contra os desafíos das zonas rurais
  • Na sesión plenaria tamén se debateron outras cuestións, como iniciativas para vixiar a saúde dos solos europeos, promover a xestión sostible da auga ou impulsar a innovación e a investigación a nivel local e rexional

Bruxelas, 20 de xuño de 2024

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, representou hoxe a Galicia na sesión plenaria do Comité Europeo das Rexións (CdR). O Goberno galego presentou nesta ocasión sete emendas para un total de dez ditames.

De entre eles, o máis destacado foi o relativo ao futuro da Política Agrícola Común europea (PAC), que aborda os futuros cambios que se deberían introducir para apoiar de maneira máis eficaz os agricultores, á vez que promove unha actividade agrícola máis sostible e unhas zonas rurais máis atractivas e dinámicas.

Neste eido, Galicia intenta impulsar a actividade agrícola e reverter o despoboamento das zonas rurais mediante medidas de promoción da remuda xeracional do sector. En palabras do director xeral, que puxo de relevo a estratexia galega, "é crucial apoiar a mocidade para que acceda a coñecementos e actividades rendibles".

Outras cuestións de importancia para Galicia

Ademais do relativo ao futuro da PAC, a Xunta tamén presentou emendas a outros dous ditames relevantes para a nosa rexión: un sobre a proposta lexislativa destinada a crear un marco obrigatorio de avaliación da saúde do solo na UE e outro sobre o chamamento a establecer un Pacto Azul Europeo co que protexer os recursos hídricos e evitar a súa escaseza e contaminación.

A este respecto, os membros do CdR subliñaron o papel dos entes locais e rexionais como xestores da auga e das políticas ambientais no terreo, e sinalaron a urxencia de converter a resiliencia hídrica nunha prioridade estratéxica para o próximo mandato da Comisión Europea. 

Outro dos puntos destacados do pleno foi o debate centrado en mellorar o apoio á innovación e a investigación nas rexións europeas, que contou coa participación de Iliana Ivanova, comisaria de Innovación, Investigación, Cultura, Educación e Xuventude, e Elisa Ferreira, comisaria de Cohesión e Reformas. A reflexión centrouse no potencial dos vales de rexionais de innovación -unha iniciativa conxunta da política de cohesión europea e o programa Horizonte Europa que busca fortalecer os ecosistemas de innovación rexionais- para potenciar o desenvolvemento territorial sostible e competitivo na UE.

Galicia, Rexión Emprendedora Europea 2025

No marco desta última sesión plenaria Galicia recibiu, xunto con outras dúas rexións europeas, o premio Rexión Emprendedora Europea 2025 que recoñece a aposta da Xunta por desenvolver o potencial da comunidade a través de actividades empresariais que contribúan a fixar poboación. 

Este galardón foille entregado ao conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, e pon en valor a estratexia de política empresarial galega como unha das máis destacadas e innovadoras de Europa, polo seu potencial para impulsar dunha maneira viable e a longo prazo o emprendemento e o crecemento económico sostible. Na entrega de premios, o presidente do CdR, Vasco Alves Cordeiro, destacou o compromiso da Xunta na loita contra o envellecemento e o despoboamento, mediante o fomento do espírito empresarial nas zonas rurais.

Comité Europeo das Rexións

O Comité Europeo das Rexións é a asemblea consultiva na que están representados os entes locais e rexionais da Unión Europea. A sesión plenaria do CdR reúnese seis veces ao ano. En representación da Comunidade Autónoma de Galicia, o membro titular é o propio presidente da Xunta, mentres que o cargo de membro suplente recae no director xeral de Relacións Exteriores e coa UE.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
279082 {"title":"Galicia e as rexións europeas amosan o seu compromiso con zonas rurais máis dinámicas e atractivas","published_date":"2024-06-20","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1150810\/20240620DXREEPlenoCdR1.jpg","id":"279082"} galicia C. de Presidencia, Xustiza e Deportes https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-20/279082-galicia-e-as-rexions-europeas-amosan-seu-compromiso-zonas-rurais-mais-dinamicas-e-atractivas https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.