A Xunta reitera ao Goberno que prorrogue a entrada en vigor ou amplíe os prazos da nova normativa de ascensores para poder cumprir as exixencias establecidas

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • O secretario xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético participou hoxe nunha xornada convocada pola Asociación Empresarial Galega de Ascensores (Aega) para abordar os detalles da nova Instrución Técnica Complementaria de ascensores aprobada polo Goberno do Estado e que entrará en vigor o vindeiro 1 de xullo
  • Tanto a Xunta como a asociación, coincidiron na necesidade de que se dea máis tempo aos organismos de control para levar a cabo as inspeccións pendentes posto que, a poucos días de que entre en vigor o decreto, aínda quedan en Galicia preto dun 8% de ascensores, case 5.000, sen a revisión pertinente, de acordo cos datos da Aega
Imagen del artículo A Xunta reitera ao Goberno que prorrogue a entrada en vigor ou amplíe os prazos da nova normativa de ascensores para poder cumprir as exixencias establecidas
Santiago de Compostela, 20 de xuño de 2024

O secretario xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético, Nicolás Vázquez, reiterou hoxe ao Goberno que prorrogue a entrada en vigor ou amplíe os prazos da nova regulación de ascensores para dar tempo ao sector e ás administracións a cumprir coas exixencias establecidas.

O secretario xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético participou hoxe nunha xornada convocada pola Asociación Empresarial Galega de Ascensores (Aega) para abordar os detalles da nova Instrución Técnica Complementaria de ascensores aprobada polo Goberno do Estado, publicada no BOE o pasado 13 de abril e que entrará en vigor o vindeiro 1 de xullo.

Segundo estimacións da propia asociación, a normativa afecta en Galicia máis de 65.000 ascensores e, entre as principais modificacións que introduce, figura a obriga de deixar fóra de servizo aqueles aparellos que non teñan a inspección en regra unha vez que a normativa entre en vigor.

Tanto a Xunta como a asociación, coincidiron na necesidade de que se dea máis tempo aos organismos de control para levar a cabo as inspeccións pendentes posto que, a poucos días de que entre en vigor o decreto, aínda quedarían en Galicia preto dun 8% de ascensores, arredor de 5.000, sen a revisión pertinente, de acordo aos datos da Aega.

A Administración autonómica e a Asociación Empresarial Galega de Ascensores recoñeceron a necesidade de afondar na seguridade destes equipamentos en España, pero reiteraron a urxencia de contar con tempo suficiente para abranguer todo o parque de ascensores en Galicia, posto que os dous meses e medio transcorridos desde a publicación da normativa no BOE foron insuficientes.

O secretario xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético volveu trasladar todo o apoio da Xunta ao sector e a súa disposición a seguir colaborando.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 20/06/2024
278722 {"title":"A Xunta reitera ao Goberno que prorrogue a entrada en vigor ou amplíe os prazos da nova normativa de ascensores para poder cumprir as exixencias establecidas","published_date":"2024-06-20","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1150810\/20240620+SXI+XornadasAegaAscensores_2.jpg","id":"278722"} galicia C. de Economía e Industria https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-20/278722-xunta-reitera-ao-goberno-prorrogue-entrada-vigor-ou-amplie-os-prazos-da-nova-normativa-ascensores-poder-cumprir-as-exixencias-establecidas https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.