A Xunta investirá 1,2 M€ na creación dunha residencia de maiores na Teixeira

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • A actuación enmárcase no Plan de Investimentos de 18,5 millóns de euros co que o Goberno galego financia obras de mellora e construción de instalacións municipais

A Teixeira (Ourense), 20 de xuño de 2024

A Xunta de Galicia investirá 1,2 millóns de euros na creación dunha residencia municipal de maiores no concello ourensán da Teixeira. Estará situada no núcleo do concello ourensán e contará con 32 prazas repartidas entre 16 habitacións dobres.

A obra desenvolverase no marco do Plan de Investimentos de 18,5 millóns de euros co que o Goberno galego financia unha vintena de proxectos de construción, reforma ou ampliación de residencias, centros de día, vivendas comunitarias e centros sociais de titularidade municipal. Un plan acordado coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e dotado con fondos europeos do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia (NextGenerationEU).

O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, visitou esta mañá a parcela onde se instalará o centro acompañado do delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, e do alcalde da Teixeira, Xosé Vázquez Rodríguez.

Antes da construción da residencia, procederase á urbanización da contorna, para dotala dos servizos necesarios. Despois erguerase a edificación nun único volume rectangular dunha planta. O acceso realizarase pola parte central, onde se instalará a zona de recepción e administración, ademais de dous aseos adaptados.

Ese espazo comunicará coa zona de día -constituída por unha sala polivalente, unha de convivencia e o comedor-, a zona médica -con áreas de rehabilitación, consulta, enfermaría, aseos e illamento-, a zona de persoal -con vestiarios, cuarto de instalacións, lixo, limpeza e cociña, ademais dun acceso adicional dende o exterior- e, por último, a zona de noite, coas 16 habitacións dobres, todas elas con baño independente.

O custo total da construción será de 2 millóns de euros, financiados na súa meirande parte pola Xunta de Galicia. O concello encargarase de achegar a contía restante, para o que está previsto que dispoña de colaboración económica por parte da Deputación de Ourense.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
278681 {"title":"A Xunta investirá 1,2 M€ na creación dunha residencia de maiores na Teixeira","published_date":"2024-06-20","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/935565\/20240620_Consorcio_ATeixeira_01.JPG","id":"278681"} galicia C. de Política Social e Igualdade https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-20/278681-xunta-investira-1-2-m-na-creacion-dunha-residencia-maiores-na-teixeira https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.