A Xunta patrocina o Torneo 3x3 na Rúa da Fundación Breogán, no que competirán 31 equipos este sábado
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- O delegado territorial, Javier Arias, e o director da entidade promotora, Luis Abel Taboada, destacan a boa resposta por parte dos conxuntos de base do baloncesto lucense e a participación de xogadores e xogadoras doutros lugares de Galicia
Lugo, 20 de xuño de 2024
A Xunta patrocina o terceiro Torneo 3x3 na Rúa organizado pola Fundación Breogán, que se desenvolverá este sábado - 22 de xuño - nas pistas exteriores do Pazo dos Deportes de Lugo.
O delegado territorial da Administración autonómica, Javier Arias, participou hoxe na presentación da actividade na Delegación Territorial da Xunta xunto co director da Fundación Breogán, Luis Abel Taboada.
A organización destacou o récord de participación este ano coa inscrición de 31 equipos de baloncesto formados por rapaces e rapazas nacidos entre os anos 2006 e 2015, que competirán nas categorías alevín, benxamín, infantil, cadete e junior.
Os xogadores e xogadoras lucenses compartirán cancha con deportistas chegados doutros lugares de Galicia como A Coruña e Vigo. O horario previsto será entre as 17,00 e as 21,00 horas.
A Fundación Breogán promove este torneo como a última gran actividade que pecha a actual tempada de deporte base. Arias subliñou a colaboración da Xunta coa entidade para impulsar esta clase de iniciativas que buscan fomentar a práctica deportiva entre os máis novos e animalos a desfrutar de alternativas de ocio saudables.